Pasar al contenido principal

Actualidad

Novos achados constatan o carácter monumental e funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único da Idade de Bronce en Galicia

As escavacións desenvolvidas no lugués Corro dos Mouros baixo a dirección de Pilar Prieto, investigadora dos grupos EcoPast e Cispac da USC, revelan a lousa fundacional deste conxunto arqueolóxico e suxiren que o parapeto do Castrillón ou Corro dos Mouros, duns dous metros de alto por tres de ancho, tivo unha visible coiraza de seixo

Leer más

O XXIV Premio Aresa distingue a Moexmu no ano que chega á súa 40 edición

A condición de feira decana e escaparate agrogandeiro, o seu impacto a prol do desenvolvemento e da profesionalización do sector, a contribución á mellora do gando vacún de raza frisón e a súa acción de dinamización socioeconómica e cultural no medio rural a través da Festa da Filloa son algúns dos eixos valorados no ditado do xurado do galardón creado pola USC e Aresa. A cerimonia de entrega do galardón, dotado con 10.000 euros e placa de mérito, será o 1 de marzo en Veterinaria

Leer más

A bioeconomía azul no espazo atlántico, un caladoiro de I+D por explorar no que pescuda o Campus Terra

O proxecto Interreg Atlantic Area BEAP-MAR, liderado polo coordinador do grupo Farmatox da USC, Luis M. Botana, e dotado cun orzamento de máis de 2,2 millóns de euros, investiga o potencial uso de cepas de microalgas, macroalgas, fungos, esponxas e outros recursos mariños para desenvolver productos de cosmética, alimentación e mesmo do ámbito da farmacoloxía con alto valor engadido

Leer más