Os tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia exploran liñas de colaboración e sinerxías en I+D
A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, participa en Ourense nun encontro informativo cos directores e técnicos do Campus Industrial de Ferrol e do Campus da Auga da UVigo para abordar posibles ámbitos de cooperación
Leer másFondo pesar na USC polo pasamento do profesor José Mª Nieto Martínez
O catedrático do Departamento Anatomía e Produción Animal da USC desenvolveu unha destacada traxectoria académica e científica na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
Leer másSeminario sobre propiedade industrial no CiMUS
Afondará nas particularidades de patentar en Europa novos usos de fármacos
Leer másO xoves abre o prazo do curso para elaborar presentacións dixitais eficientes
Desenvolverase en abril e maio os martes e xoves en quendas de mañá ou tarde
Leer másA USC, na xornada do Ministerio de Sanidade para presentar o Plan Nacional Contra o Radon
O catedrático da USC Alberto Ruano participa como relator na xornada de presentación oficial
Leer másO comercio de sambesugas no século XIX converteu a lagoa de Antela nun punto clave da súa produción
Unha investigación da USC e da Universidade de Cádiz desvela que a moda de usar estes vermes na medicina francesa na década de 1820 obrigou a establecer vedas
Leer másO IX Findecurta vaticina 11 escenarios do ‘Último día na Terra’
O certame cinematográfico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural e que citou uns 100 participantes premiará con 400 euros o traballo máis valorado polo xurado e garante a proxección das dúas mellores propostas na Semana de Cine de Autor de Lugo
Leer másVeterinaria acada o selo de excelencia da Xunta de Galicia á calidade universitaria
O decano do centro universitario do Campus Terra, Gonzalo Fernández, sinala que este recoñecemento súmase á acreditación europea da que xa goza o título e implica un compromiso por seguir a mellorar
Leer másUnha nova Faísca Cultural prende a reflexión sobre a sociedade do espectáculo e a construción de identidades
Nesta ocasión participará alumnado de Ciencias da Comunicación e de Psicoloxía, empregando como fío a última produción do Centro Dramático Galego
Leer másEducación, formación e información son recursos que melloran a capacidade de coidado persoal, salienta un foro de Enfermaría
As XXVII Xornadas da Escola Universitaria de Enfermaría ‘Usuarios e profesionais traballando xuntos’ reúnen até este mércores no HULA máis de 300 participantes
Leer másA USC convoca unha liña de axudas dirixidas ao alumnado para organizar encontros estatais de sectoriais de estudantes
Coa iniciativa preténdese fomentar a autonomía do estudantado na organización deste tipo de eventos
Leer másUnha exposición en Bioloxía desmonta falsas crenzas sobre as vacinas
'Vacinando. Dous séculos e sumando!' pode visitarse ata o 23 de abril
Leer másO IGFAE participa na detección dunha colisión pouco habitual entre dous obxectos cósmicos a 650 millóns de anos luz da Terra
A observación de ondas gravitacionais permite sospeitar que o máis lixeiro é unha estrela de neutróns e o máis pesado un burato negro
Leer másO estudantado de Comunicación difundirá os seus traballos a través da web-repositorio A Sementeira
O portal www.asementeira.gal tamén estará aberto á publicación de contido relacionado coas titulacións por parte do alumnado xa egresado
Leer más