Pasar al contenido principal

Actualidad

Novo pulo á agroecoloxía no vello continente

A EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC lidera en España o proxecto a prol da transición agroecolóxica AE4EU, un programa coordinado polo Instituto Superior de Agricultura Rhône-Alpes e financiado con dous millóns de euros de fondos europeos que contempla a creación dunha rede europea de laboratorios vivos agroecolóxicos

Leer más

‘Cockles’, unha nova corrente de vida para o berberecho galego

O grupo Acuigen da USC desenvolve estudos e ferramentas xenómicas, ademais de indentificar marcadores xenéticos aptos para a futura cría de berberechos resistentes á ‘Marteilia’ e outros parasitos no marco dun proxecto Interreg liderado polo Cetmar no que participan máis de vinte socios de España, Francia, Irlanda, Portugal e Reino Unido

Leer más

Acuicultura, unha alternativa necesaria, saudable e sustentable

O documental ‘Cultivando na auga: tradición e innovación’, da Rede Inmunogenom da USC, ve na acuicultura a resposta á crecente demanda de peixes e moluscos e as claves para mellorar a rendibilidade dos produtores a través da mellora xenética, así como da identificación de patóxenos emerxentes e a prevención de enfermidades

Leer más