Pasar al contenido principal

Actualidad

IdeaLugo recoñece o talento emprendedor do Campus Terra

O certame de innovación convocado por El Progreso xunto coa USC e Abanca premia con 4.000 euros un proxecto de App para controlar a obesidade en mascotas desenvolvido por estudantes de Veterinaria e outorga un accésit á spin off XuvenLab, promovida polo grupo de innovación docente XuvenCiencia da USC

Leer más

O reitor da USC reitera o seu agradecemento pola activación da sociedade e do tecido empresarial a prol do Campus de Lugo

Unha nutrida delegación da plataforma cívica Campus Lucense, un movemento encabezado por Jesús Vázquez e do que forman parte máis dun centenar de colectivos veciñais, entidades e institucións, ofrece o seu apoio ao equipo de goberno da USC para que a sede universitaria luguesa manteña a súa oferta de titulacións e continúe o seu cometido transformador da provincia

Leer más

“A neutralidade carbónica pasa por reducir emisións en sectores como o transporte ou a enerxía”, di César Pérez

O investigador ‘Ramón y Cajal’ na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e impulsor de novas liñas de traballo sobre monitorización forestal e proxectos de carbono ao abeiro do grupo PROePLA colabora coa FAO e co Panel Intergobernamental do Cambio Climático de Nacións Unidas en accións a gran escala sobre redución de emisións de carbono en bosques e no deseño de metodoloxías para a cuantificación de carbono

Leer más