Pasar al contenido principal

XuvenCiencia

Inauguración do proxecto Ciencia no Camiño

18/03/2021 - 10.30 horas

A coordinadora do grupo XuvenCiencia da USC modera a sesión de presentación do proxecto Ciencia no Camiño, liderado pola Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel) e incluído no programa 'O Teu Xacobeo', nunha sesión en liña que poderá seguirse a través da ligazón http://ir.gl/cienciadirecto

Cartaz con obxectivos do proxecto Ciencia no Camiño
Cartaz con obxectivos do proxecto Ciencia no Camiño

A coordinadora do grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia, Mercedes Novo, e o adxunto da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, participan este xoves, a partir das 10.30 horas, na sesión de lanzamento do proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo ‘Ciencia no Camiño’ no marco dunha sesión telemática que se poderá seguir en liña a través da web http://ir.gl/cienciadirecto.

O proxecto Ciencia no Camiño, liderdo pola Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel), conta entre os socios colaboradores co grupo XuvenCiencia da USC, así como coa Fundación Uxío Novoneyra, grupo de Estudos Territoriais da UDC.

A presentación deste proxecto contará coa intervención da presidenta de Afiprodel, Dolores Pena, así como de representantes da Fundación Uxío Novoneyra e de responsables políticos, e rematará cun foro de discusión no que participarán como relatores Lourdes G. Sotelo, profesora do CPI Uxío Novoneyra do Courel; Manuel Vicente, divulgador científico do programa Efervescencia da Radio Galega, e Martín López Nores, enxeñeiro e tecnólogo implicado en proxectos científicos turísticos, científico-culturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2022.