Introdución
O programa da materia Medioambiente é un programa dinámico que ano a ano evoluciona e se actualiza co fin de cubrir as inquedanzas dos alumnos e onde se fomenta o debate e a participación dos mesmos no campo de medioambiente. Polo tanto, e aínda que partimos dun programa básico e que trata de tocar todos os temas mais salientables de medioambiente e que se foi elaborando a partires das peticións dos alumnos, cada ano tócanse temas de actualidade e que os alumnos propóñenlle ó Profesor. Os temas son tremendamente transversais abranguendo dende o cambio climático dende aspectos ambientais, sociais, económicos ou políticos ata temas relacionados coa alimentación, e mais concretamente cos transxénicos ou a agricultura ecolóxica, pasando polo eido das enerxías renovables ou temas de actualidade propostos polos alumnos.
Obxectivos
- Acercamento a temas medioambientais dende una perspectiva dinámica e atractiva que faga que o alumno se sinta como unha parte viva e activa da materia.
- Xerar inquedanzas e interese por temas medioambientais e compartilos co resto dos compañeiros e os profesores fomentando a participación activa e debate na clase.
Competencia
- Comprensión de moitos aspectos medioambientais dende un punto de vista formativo transversal.
Contidos
- Cambio climático. Unha carreira perigosa …
- As enerxías renovables como unha solución de futuro.
- Alimentos transxénicos, ¿a solución? Os alimentos ecolóxicos como unha alternativa.
- Por etiquetas que no sexa.
- Temas de interese propostos polos alumnos.
Metodoloxía
Todos os temas preséntanse en formato activo e atractivo para facilitar a exposición e comprensión dos mesmos. Así, utilízase como ferramenta principal o PowerPoint complementándose con emisión de vídeos. Diariamente revisanse as noticias en prensa relacionadas co medioambiente e se dedica unha parte da clase a debatelas. O rematar o Curso se lles entrega ós alumnos todas as presentación dadas ó longo do curso con todos os temas tratados, bibliografía, enlaces, etc.
Sistema de avaliación
Ao rematar o Curso o alumno debe entregar un traballo relacionado coa materia. Este traballo valórase conxuntamente coa asistencia e a participación do alumnos nas clases.
Bibliografía básica
Dependendo do ano utilízase principalmente documentación obtida de internet e polo tanto os links varían ano a ano, a parte de prensa actual.