Introdución
Atención a la Historia del Arte galego contextualizando dentro da realidade artística da Europa Occidental da que é herdeira pero a súa vez intérprete.
Obxectivos
- Estudio das manifestacións artísticas máis relevantes da arte galega.
- Relacionar as obras conservadas en Galicia coas de outros lugares e períodos.
- Utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada
- Establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte
Contidos
- Galicia dende o Megalitismo ata a chegada dos romanos.
- Galicia na época Altomedieval.
- A Galicia do Románico e o Gótico.
- A Galicia Renacentista.
- A Galicia Barroca.
- A Arte contemporánea galega.
Metodoloxía
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Ensino de ferramentas on line para afundir no coñecemento da materia e fomentar a exploración de recursos por parte do alumnado
- Prácticas de campo (saídas programadas de acordo cos alumnos fora da aula, unha por mes o derradeiro martes de mes agás en decembro. As saídas serán Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña)
Sistema de avaliación
Presencialidade e participación na aula: 50 %
Cuestionario da materia ou Traballo individual: 50 % (a elixir)
Bibliografía básica
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed) (1993): Proyecto Galicia Arte. A Coruña: Hércules Edicións. 7 vol.
VÁZQUEZ VARELA, J. M. et al. (1982): Historia del Arte Gallego. Madrid: Alhambra.
Subiranse materiais de referencia á aula virtual
Traballaremos cos principais recursos on line da Comunidade Galega para coñecer o noso patrimonio.