Introdución
Na materia Historia da Cidade de Lugo I, tratáronse as etapas desde a fundación romana ata o século XVIII, é dicir, os períodos romano, medieval e moderno. Coa investigación persoal levada a cabo nos últimos 50 anos por este docente, permiten desenvolver un temario que facilite aos alumnos unha visión global da historia dunha cidade bimilenaria que conserva un rico patrimonio histórico e artístico, completando coa etapa Contemporánea, séculos XIX e XX.
As clases teóricas son complementadas coas visitas polo recinto histórico, rúas e edificios dos séculos XIX e XX.
Obxectivos
- Completar a visión global da historia da cidade incluíndo a etapa Contemporánea.
- Comprender que a evolución urbana é consecuencia de procesos sociais, económicos e históricos anteriores.
- Valorar e apreciar a importancia dos edificios dos século XIX e algúns do XX para conservalos para o futuro como unha aportación da sociedade burguesa.
Contidos
O LUGO CONTEMPORÁNEO
O SÉCULO XIX
- A invasión napoleónica. A reunión das Xuntas cos diplomáticos ingleses. A requisa da prata da catedral. Os danos nas casas particulares e no patrimonio histórico-artístico.
- Os cambios no reinado de Isabel II.
- A desamortización e a repercusión no urbanismo.
- A I Guerra Carlista
- A revolución de 1840. As consecuencias sociais.
- O alzamento de Solis de 1846.
- O ferrocarril e a súa influenza na modernización da cidade.
- O desenvolvemento do comercio. As fábricas de chocolate.
- As fondas: Méndez Núñez, Universal, Parador Central. Os cafés: de Soler, Méndez Núñez, Español, Suizo, Lucense, Colón.
- A orixe das festas contemporáneas de San Froilán. A súa función e contidos.
- A exposición Rexional de 1896.
- O II Congreso Eucarístico Nacional. A Exposición Eucarística.
- As procesións cívicas. As homenaxes ao doutor Castro, bispo Aguirre e Xoán Montes
- O xornalismo na segunda metade do século XIX e primeiro terzo do XX.
- As sociedades de recreo e a súa función. O Círculo de las Artes. O Casino. Outras.
- O ensino. O ensino primario. O instituto Provincial. A escola Normal.
- A muralla e as agresións dos progresistas. A reforma da Guerra Carlista. As novas portas.
- A chegada da electricidade e do cinematógrafo.
- A Asociación de Escritores e Artistas. Os xogos florais e os certames literarios.
- A crise de 1898. Os soldados repatriados de Cuba. O papel da Cruz Vermella.
- O exército na economía da cidade. O Colexio Preparatorio Militar. Rexementos e cuarteis.
- A música, a zarzuela, a ópera e o teatro.
O SÉCULO XX
- O Campo da Feira e o problema do traslado.
- Os primeiros xardíns. O Parque de Afonso XIII ou de Rosalía de Castro.
- Os proxectos de hospitais. O Hospital de Santa María.
- A cidade no franquismo. A posguerra. Os anos finais.
- O Bimilenario.
- Visión xeral do último cuarto do século XX.
- A Muralla Patrimonio da Humanidade.
- Os primeiros anos do século XXI.
Metodoloxía
Exposición teórica complementada con información gráfica e visitas, e participación dos alumnos formulando preguntas para resolver dúbidas o inquirir información sobre cuestión relacionadas co tema en particular ou coa materia.
Sistema de avaliación
Valorarase a actitude do alumno no tocante ao seu interese polos temas tratados, e a súa competencia neles, así como a asistencia as clases teóricas e prácticas.
Bibliografía básica
- ABEL VILELA, Adolfo de (1975): De la Constitución de 1837 al Derrocamiento del Sistema Tributario. Lugo: AVA.
- ABEL VILELA, Adolfo de (1981): El Bimilenario. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
- ABEL VILELA, Adolfo de (1996): Arquitectura y Urbanismo en Lugo. Arquitectura del período Isabelino y de la Restauración. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
- ABEL VILELA, Adolfo de (1999): Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
- ABEL VILELA, Adolfo de (2014): A orixe das feiras, as festas e as exposicións. Lugo: Concello de Lugo.
- ABEL VILELA, Adolfo de (2015): A orixe das festas contemporáneas. Lugo: Concello de Lugo.
- ABEL VILELA, Adolfo de (2022): Lugo cita con dous séculos (1886-1926). Lugo: Asociación da Prensa de Lugo.
- PRADO GÓMEZ, Antonio (2013): O Instituto Provincial de Lugo. 1842-1975. Lugo: Deputación de Lugo.