Pasar al contenido principal

Educación física saudable

Docente da USC: José Eugenio Rodríguez Fernández

Nº de créditos: 6 ECTS (60 h) (30 h. primeiro semestre e 30 h. segundo semestre)

Introdución

A materia de “Educación Física saudable” inclúese no Plan de Estudos conducente á titulación de “Graduado/a Senior” adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) do programa universitario para persoas maiores, denominado “IV Ciclo Universitario” da Universidade de Santiago de Compostela (USC), como materia optativa.

España está na media dos países do mundo que poden ofrecer aos seus maiores unha vida digna pero, segundo os indicadores, está empeorando nos últimos anos e, con iso, a calidade de vida deste colectivo, a pesar de que a esperanza de vida (83,30 anos) está aumentando. Pero, quizáis, máis importante que esas estatísticas, sexa que o día a día no estado da saúde física e emocional das persoas sexa óptimo; e para iso, faise necesario un estilo de vida activo onde a actividade física, o exercicio físico e o deporte formen parte importante dos hábitos das persoas.

Seguindo as directrices do Consello Superior de Deportes (CSD, 2016) e da Organización Mundial da Saúde (OMS, 2018), para envellecer saudablemente é preciso manter un elevado nivel funcional, un compromiso activo coa vida e unha máxima autonomía. A práctica habitual de exercicio físico aumenta a condición física en diferentes dimensións, como é o desenrolo das capacidades físicas básicas (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade), cualidades perceptivo-motrices (coordinación, equilibrio, ritmo, lateralidade…) e as capacidades socio-motrices (expresión, imaxinación, creatividade…), entre outras vantaxes.

Con isto, a través desta materia o alumnado poderá coñecer e comprobar cómo o exercicio físico mellora a calidade de vida das persoas (sempre que se realice baixo unhas condicións efectivas de seguridade), de qué forma se pode programar e autoregular a actividade segundo as particularidades de cada un, cómo inflúe a práctica deportiva na mellora das relacións sociais e, sobre todo, experimentar a práctica de exercicio físico con diferentes disciplinas, en distintos lugares/ambientes e con variados instrumentos e materiais.

Obxectivos

Xeral:

Comprender e valorar a importancia da práctica de actividade física e deporte para persoas maiores, como medio para adquirir hábitos de vida saudables e mellorar a calidade de vida das persoas, indicindo no ámbito físico, psíquico, emocional e relacional.

Específicos:

  • Profundizar nos conceptos de actividade física, exercicio físico e deporte.
  • Analizar e comprender a importancia da práctica de actividade física e deportiva e a súa incidencia nas capacidades físicas básicas e os beneficios que isto implica para a saúde das persoas.
  • Deseñar programas básicos de actividade física e deportiva para persoas maiores, buscando a súa autonomía e autosuficiencia de cara a prácticas futuras.
  • Coñecer diferentes exercicios, modalidades deportivas e disciplinas, analizando as ventaxas e inconvintes de cada un en relación aos gustos e posibilidades de cada persoa.
  • Experimentar a práctica de actividade física e deportiva en diferentes lugares: cidade, natureza, piscina ou ximnasio, entre outros.

COMPETENCIAS:

Ao rematar a materia, o alumno será capaz de:

Analizar e valorar que tipo de actividade física encaixa mellor nas súas preferencias e posibilidades de práctica, elaborando pautas determinadas para o desenvolvemento autónomo de actividade física e deportiva, regulando o esforzo e variando a tipoloxía de práctica en función da dispoñibilidade de instalacións deportivas, espazos naturais ou determinado equipamento deportivo.

Saber empregar a actividade física e o deporte como hábito para a mellora da saúde e, tamén, como medio para relacionarse con outras persoas, valorando a función social do deporte como complemento indispensable para a práctica de actividade física e deporte nas persoas maiores.

Contidos

BLOQUE I. XUSTIFICACIÓN TEÓRICA.

  1. Introdución o sentido da materia no Plan de Estudos.
  2. Marco conceptual.
  3. Motivos para a práctica de actividade física para persoas maiores.
  4. Beneficios da práctica de actividade física, exercicio físico e deporte para as persoas maiores.
  5. Deseño dun programa de actividade física para persoas maiores.

BLOQUE II. PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN.

  1. Diferentes tipos de actividades físicas para persoas maiores: o medio urbano e natural, o medio acuático, o ximnasio.
  2. Exemplos de intervención adaptados a persoas maiores.

Metodoloxía

A Metodoloxía a empregar adáptase ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), con sesións de carácter teórico (expositivas) e práctico (interactivas), onde o alumnado poda experimentar os contidos expostos en clase, asumindo o protagonismo e implicación en todo proceso de ensino-aprendizaxe, onde a motivación e a participación activa serán elementos fundamentais.

Deste xeito, os métodos activos serán os predominantes nas sesións expositivas, conxugando o traballo individual, en pequeno grupo e en gran grupo. A análise de situacións reais (emprego das TIC), resolución de problemas, debates e diálogos serán a base destas sesións, sen esquecerde da lección maxistral do docente, buscando deste xeito unha combinación equilibrada e moderada en cada unha delas.

As clases interactivas están orientadas ao deseño de programas básicos de práctica de actividade física e deportiva pero, sobre todo, á experimentación de diferentes modalidades e disciplinas, incidindo no traballo das capacidades físicas básicas e aproveitando os recursos dispoñibles. O traballo en equipo e a relación social adquire aquí un especial significado.

Sistema de avaliación

A avaliación da materia realizarase en base aos elementos que determinan a dimensión cognitiva, procedimental e actitudinal.

  • Traballos realizados polo alumnado (individual ou en pequeño grupo) e breves probas de coñecemento realizadas nas clases expositivas.
  • Asistencia, puntualidade e participación activa nas clases.
  • Grado de implicación nas actividades grupais.

A realización de probas de coñecemento e traballos sobre aspectos técnico-prácticos da materia terán unha valoración dun 30%, correspondendo o restante 70% as apartados de participación activa, implicación nas actividades propostas, participación activa e puntualidade. O alumnado debe acreditar a asistencia ao 80% das actividades presenciais programadas, rexistrando o docente a asistencia de cada un mediante a correspondente folla de control.

Bibliografía básica

Aparicio, V.A., Carbonell-Baeza, A., & Delgado-Fernández, M. (2010). Beneficios de la actividad física en personas mayores. Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte, 10 (40), 556-576. Disponible en https://repositorio.uam.es/bitstream/handle/10486/5368/34076_4.pdf?sequ…

Armando, J., Quintero, M.V., & Herazo, Y.  (2012). Efectos del ejercicio físico en la condición física funcional y la estabilidad en adultos mayores. Revista Hacia la Promoción de la Salud, 17 (2), 79-90. Disponible en http://www.redalyc.org/pdf/3091/309126826006.pdf

Camiña, F., Cancela, J.M., & Romo, V. (2001). La prescripción del ejercicio físico para personas mayores. Valores normativos de la condición física. Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte, 1 (2), 136-154. Disponible en https://repositorio.uam.es/bitstream/handle/10486/3785/26068_4.pdf?sequ…

Carbonell, A., Aparicio, V., & Delgado, M. (2009). Efectos del envejecimiento en las capacidades físicas: implicaciones en las recomendaciones de ejercicio físico en personas mayores. Revista Internacional de Ciencias del Deporte, 17 (5), 1-18. Disponible en https://www.cafyd.com/REVISTA/01701.pdf

Ceballos, O. (2012). Actividad física en el adulto mayor. Ciudad de México: Manual Moderno.

Consejo Superior de Deportes (CSD, 2016). Guía de actividad física para el envejecimiento activo de las personas mayores. Disponible en http://www.planamasd.es/sites/default/files/programas/medidas/actuaciones/WEB-GUIA-MAYORES%20versi%C3%B3n%20publicaci%C3%B3n.pdf

Graupera, J.L., Martínez, J., & Martín, B. (2003). Factores motivacionales, actitudes y hábitos de práctica de actividad física en las mujeres mayores. Colección ICD: Investigación en Ciencias del Deporte, 35, 181-222.

Organización Mundial de la Salud (OMS, 2018). La actividad física en los adultos mayores. Disponible en http://www.who.int/dietphysicalactivity/factsheet_olderadults/es/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.07.2023.