Pasar al contenido principal

Temas actuáis de economía

Docente da USC: Luís Castañón Llamas

N.º de créditos: 3

Introdución

En “Temas actuais de economía” realizarase unha aproximación á economía española e galega, dirixido aos alumnos de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.

Obxectivos

O obxectivo deste curso é proporcionar unha visión global dos principais trazos caracterizadores da economía española, así como os logros e carencias do proceso de modernización da economía galega.

Contidos

  1. Rasgos estruturais básicos da economía española.
  2. As relacións externas e o modelo de equilibrio externo.
  3. O sistema financeiro. O financiamento da economía.
  4. O sector público. O papel e tamaño do estado vs mercado. Política fiscal.
  5. Actividade económica da poboación. O mercado de traballo. O Paro.
  6. A distribución da renda. A dimensión espacial: Desigualdades rexionais. Integración europea e converxencia da economía española.
  7. Rasgos estruturais básicos da economía galega.
  8. As interpretacións do atraso económico de Galiza. As estratexias de desenvolvemento económico.

Metodoloxía

O desenvolvemento do programa realizará-se mediante exposicións do profesor, onde se promoverá o debate e participación activa do alumno na aula. Ademais suxeriranse lecturas que complementen ou amplíen os temas tratados para aqueles alumnos interesados.

Sistema de avaliación

A avaliación realizarase basicamente a través do control de asistencia e a participación activa. Eventualmente poderase complementar con lecturas ou traballos, a demanda dos alumnos interesados.

Bibliografía básica

  • Antuñano Maruri, I., Sánchez Andrés, A., et al. (2009): Política económica. Elaboración y políticas coyunturales. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
  • Chang, H-J., (2014): Economía para el 99% de la población. Barcelona: Ed. Debate.
  • García Delgado, J. L. (Dir.), (2013): Lecciones de economía española.  Madrid: Ed. Cívitas.
  • Prada Blanco, A., e Lago Peñas, S. (2009): Galicia, unha economía europea. Vigo: Ed. Galaxia.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.07.2023.