Introdución
Coa presente materia preténdese achegar aos alumn@s matriculados coñecementos básicos de botánica que lles permitan diferenciar as principais especies leñosas presentes en Galicia, así como ideas básicas acerca da dinámica natural e a influencia humana sobre a cuberta vexetal deste territorio.
Obxectivos
- Coñecer as principais especies leñosas presentes en Galicia.
- Analizar e interpretar a paisaxe do territorio galego en base á información contida na súa cuberta vexetal.
Competencia
- Capacidade para identificar de visu as especies leñosas máis frecuentes no cuadrante NW Ibérico.
- Capacidade para diferenciar e recoñecer os principais tipos de masas arboladas e arbustivas do NW Ibérico.
Contidos
- Nocións sobre xeobotánica.
- Noción básicas sobre morfoloxía vexetal.
- Descrición de ximnospermas e de anxiospermas.
Metodoloxía
- Clases teóricas.
- Clases prácticas en diferentes lugares da cidade de Lugo (Parque de Rosalía de Castro, áreas axardinadas do Campus, paseos fluviais dos ríos Rato e Miño). Viaxe de campo.
Sistema de avaliación
A avaliación será continua, fundamentada na valoración da asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas.
Bibliografía básica
GARCÍA MARTÍNEZ, X.R. (2008): Guía das plantas de Galicia. Colección Natureza. Vigo; Xerais. 509 pp.
IZCO, J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., SALVO, E., TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (1997): Botánica. Madrid: Ed. McGraw-Hill/Interamericana. 781 pp.
LÓPEZ GONZÁLEZ, G. (2001): Los árboles y arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. 2 Tomos. Madrid: Ed. Mundi-Prensa.
NIÑO RICOI, H. & SILVAR, C. (1997): Guía das árbores de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. 229 pp.
PEREIRA-ESPINEL, J., RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A., DÍAZ IGLESIAS, M.I. & RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A. (2012): Ruta botánica por el Campus de Lugo. Lugo: USC-Deputación Provincial de Lugo. 237 pp.
RODRÍGUEZ GUITIÁN, M.A., RAMIL REGO, P. & FERREIRO DA COSTA, J. (2012): «Propuesta de clasificación multicriterio para los bosques de Galicia (NW Ibérico)», Recursos Rurais, Serie Cursos 6: 63-106.