Pasar al contenido principal

Gobernanza

Gobernanza do Campus Vida

Gobernanza do Campus Vida

A consecución e sustentabilidade da excelencia universitaria que promove CAMPUS VIDA debe garantirse a través dunha eficiente integración das institucións académicas co seu ámbito social e económico, e, materializarse a través do desenvolvemento dunha gobernanza transparente e equilibrada entre a excelencia académica e os intereses sociais.

Para iso, CAMPUS VIDA desenvolve unha estrutura de xestión que debe garantir a activa participación de todos os axentes e a coordinación adecuada dos programas e proxectos que se desenvolvan no seu ámbito de actuación.

O Comité de Dirección é o máximo órgano de goberno de CAMPUS VIDA, a súa principal función é validar a implantación de CAMPUS VIDA e realizar o seguimento regular do cumprimento dos obxetivos formulados, reúnese polo menos dúas veces ao año.

O Comité de Dirección ten entre as funcións a aprobación do plan estratéxico do Campus, así como o presuposto e o plan de traballo anual, ademais encárgase de propoñer novas líñas de actuación, accións y estratexias e de establecer o seguimiento do impacto e rendemento da oferta académica asociada ao Campus. Por outra parte encárgase de deseñar accións que fomenten sinerxías entre os diferentes compoñentes do Campus e da búsqueda de novos fondos.

Composición

  • Presidente: Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vicepresidente: Presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vocais:
    • Un representante da Xunta de Galicia
    • Un representante do Concello de Santiago de Compostela
    • Na representación do Sistema Público de Saude: Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
    • Na representación do Sistema Público de I+D: Un representante del CSIC
    • Na representación das Empresas Biotecnolóxicas: Un representante da empresa ADVANCELL
    • Na representación do Sistema Universitario Galego:
      • 4 representantes da USC como coordinadores das Comisións de Investigación,
      • Docente, Social e Internacionalización)
      • 1 representante de cada unha das Universidades asociadas (A Coruña e Vigo)
      • 1 representante dos estudiantes

Campus Vida conta cun Comité Asesor Internacional formado por expertos das principais áreas de desenvolvemento de Campus Vdia (ciencia e innovación, desenvolvemento de bioclusters, perspectiva económica empresarial e proxección social), que ten como misión principal asesorar á Agrupación Estratéxica na posta en marcha do proxecto e establecer do cumprimento dos obxetivos de Campus Vida.

Desenvolvemento Científico e Innovación

Torsten Wiesel. Presidente Emérito da Univesidade Rockefeller (Premio Nobel de Medicina)

Aaron Ciechanover. Director do Instituto Technion de Israel (Premio Nobel de Química)

Patrick Couvreur. Profesor da Univesidad de París Sur, profesor del Collège de France e titular da cátedra de innovación tecnolóxica

Bob Langer. Director do Laboratorio de Inxeniería Biomédica do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (Premio Millenium)

Integración Cluster biomédico/saude

Joan Rodés. Director do Instituto de Investigacións Sanitarias IDIBAPS – Hospital Clinic

Montserrat Vendrell. Directora de Cluster Biotecnolóxico de Cataluña, BioCat

Perspectiva económica empresarial

José María Castellano. Presidente de ONO e Vicepresidente de La Voz de Galicia

Proxección social y universitaria

Bjorn Einar Aas. Presidente de EAIS (European Association of International Education)

Son as responsables de programar, supervisar e avaliar o desenvolmento das líñas estratéxicas nos seus ámbitos de actuación, así como el propoñer os plans de acción para a súa materialización:

Comisión docente. Formada polos coordinadores dos programas de máster e doutorado asociados á Escola de Doutorado Internacional, representantes dos decanos e dos centros de investigación asociados ao foco de especialización do Campus.

Comisión científica e de innovación. É a encargada de velar pola axeitado despregamento da Rede de Centros Singulares de Investigación, do ecosistema de transferencia do coñecemento e desenvolmento tecnolóxico das grandes infraestructuras de apoio á investigación. Está presidida polo Vicereitor de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, e está integrada por un representante de cada unha das instituciones de I+D, 3 representantes das Empresas que forman a Agrupación Estratéxica e un representante de FEUGA.

Comisión social. Presidida polo Presidente do Conselo Social da Universidade de Santiago de Compostela, está integrada por representates dos sectores económicos e sociais de Campus Vida, e un representante dos colectivos de estudantes.

Comisión de internacionalización. Formada por un representante das oficinas de relacións internacionais ou de cooperación internacional de cada unha das institucións que conforman a agregación de I+D do Campus, así como un representante empresarial designado polas empresas asociadas, e un representante dos colectivos de estudiantes.

Desde unha perspectiva técnica, é o órgano de supervisión da xestión do proxecto de Campus Vida, incluíndo:

  • Xestión administrativa do Campus
  • Impulso e coordinación da execución das accións promovidas polo Comité de Dirección e as comisións Sectoriais para o desenvolvemento e execución do proxecto
  • Elaboración dos Indicadores, proxectos e Informes anuais de actuación e a económica para su remisión o Comité de Dirección
  • Xestión das actividades de “networking”
  • Coordinación do Programa de Transferencia y seguimento da implantación dos servicios asociados
  • Coordinación do Programa de Internacionalización
  • Coordinación e Seguimento do Programa de Captación de Talento
  • Coordinación do Programa de Comunicación e das estrategias de Divulgación científica e tecnolóxica
  • Coordinación das propostas de concurrencia a subprogramas do Campus de Excelencia o de outras convocatorias públicas e supervisión da xestión dos fondos concedidos nas mesmas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.10.2023.