TodoCosmos prosegue este verán o seu labor de divulgación da astronomía por 18 concellos galegos
Co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, iniciativa propia que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación. Aínda que se desenvolve ao longo de todo ano, no verán concentra boa parte das súas propostas: sesións de observación nocturna, visitas didácticas ao Observatorio, obradoiros ou charlas, entre outros, e que nesta edición se van diversificar nun total de 18 concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias.
O equipo de TodoCosmos confórmano José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo. A primeira das citas do próximo mes de xullo será o domingo 2 de xullo ás 23.00 horas na praza do Obradoiro de Santiago. O resto de actividades de TodoComos entre xullo e setembro é a seguinte:
Mes de XULLO
Santiago de Compostela Praza Obradoiro (dia 2, ás 23:00)
Porto do Son ( dia 3, ás 23:00)
Lalín (dia 4, ás 23:00)
Santiago (OARMA) (dia 5, ás 12:00)
Santiago (OARMA) (dia 6, ás 11:45)
Lalín (dia 20, ás 22:30)
Ames (dia 21, ás 22:00)
Rianxo (dia 21, ás 22:30)
Barbadás ( dia 26, ás 22:30)
Noia (dia 27, ás 22:30)
Padrón (dia 28, ás 22:30)
Teo (dia 28, ás 22:30)
Rianxo (dia 29, ás 22:30)
Sanxenxo (dia 30, ás 22:30)
Boqueixón (dia 31, ás 22:30)
Mes de AGOSTO
Ordes (dia1, ás 22:30)
Porto do Son (dia 2, ás 22:30)
Rianxo (dia 4, ás 22:30)
Teo (dia 10, ás 22:30)
Vilar de Santos (dia 10, ás 22:30)
Noia (dia 11, ás 22:30)
Sanxenxo (dia 13, ás 22:30)
Ribadeo (dia 14, ás 22:30)
Vila de Cruces (dia 16, ás 22:00)
Noia (dia 17, ás 22:00)
Sanxenxo (cursiño, días 22-23-24)
Allariz (dia 25, ás 22:00)
Sanxenxo (dia 27, ás 22:00)
Padrón (dia 28, ás 22:00)
Ordes (dia 28, ás 22:00)
Valdoviño (dia 29, ás 22:00)
Boqueixón (dia 30, ás 22:00)
Ribadeo (dia 30, ás 22:00)
Oroso (dia 31, ás 22:00)
Mes de SETEMBRO
Outeiro de Rei (dia 1, ás 22:00)
Oroso (obradoiros, días 4-5-6)
Ordes (dia 15, ás 21:30)
Lalín (dia 27, ás 21:00)