Pasar al contenido principal

Premio "O teu traballo ten premio"

Premio á calidade lingüística dos traballos de fin de grao redactados e defendidos en galego na Facultade de Veterinaria

Lucía Gontán
Entrega a Lucía Gontán do 1º Premio 2023-2024

A Facultade de Veterinaria convoca estes premios a través da súa Comisión de Normalización Lingüística co fin de destacar os mellores traballos de fin de grao redactados e defendidos en galego dentro do Grao en Veterinaria ao longo do curso 2024-2025.

Ofrécense dous premios de 300 e 175 euros respectivamente aos dous traballos de fin de grao escritos e defendidos en galego, que se presenten á convocatoria que se abre ata o 30 de setembro de 2025.

 

Se titorizas un traballo de fin de grao nesta Facultade, ou es membro do tribunal que o avalía, gustaríanos pedirche algunhas cousas:
 

  • Axúdanos a dar a coñecer este premio entre as persoas ás que lles poida interesar.
    Ademais de promover o uso do galego, pon en valor a cultura da calidade, e recoñece o esforzo de elaborar traballos de fin de grao desde un enfoque integral que atenda tanto ao conceptual como ao formal.
     
  • Anima ao alumnado ao que titorizas a elaborar o TFG en galego. 
    Destaca que facelo axuda a asentar competencias lingüísticas pouco desenvolvidas na maior parte do alumnado.
     
  • Recoméndalles que se presenten ao concurso a aqueles/las que elaboren un TFG de calidade en galego.
     
  • Colabora co estudantado que queira presentarse, cubríndolle a acreditación que precisa.
     
  • Asesora o teu alumnado sobre aspectos formais e lingüísticos, e infórmaos da existencia de documentos e recursos de apoio, coma os que indicamos a continuación.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2025.