Pasar al contenido principal

Presentación da monografía ‘Réxime xurídico dos coidados e o benestar dos animais’

09.05.2024 | 11.00h

Lugo
Vello Cárcere

A obra é un estudio xurídico de enfoque multidisciplinar que pretende familiarizar o público co réxime legal de coidados e benestar dos animais

O acto está organizado polo IBADER
O acto está organizado polo IBADER

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC (IBADER) presenta este xoves 9 no Vello Cárcere de Lugo a monografía Réxime xurídico dos coidados e o benestar dos animais. A sesión que dará comezo ás 11.00 horas será presentada por Jesús Cantalapiedra Álvarez, inspector veterinario da Consellaría de Medio Rural.

No acto tamén participarán Luís Villares Naveira (coordinador), maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Lucía Belver Quiroga, xefa do Servizo Xurídico-Administrativo na xefatura territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural; María Lucía Girón Conde, Fiscal Delegada de Medio Ambiente e Urbanismo da Fiscalía Provincial de Lugo; e David Santos Río, letrado da Administración de Xustiza no Xulgado de Primeira instancia nº 5 de Lugo.

A obra é un estudio xurídico de enfoque multidisciplinar que pretende familiarizar o público lector co réxime legal de coidados e benestar dos animais que entran nalgún momento en contacto co ser humano, ben sexa como animais de compañía, de produción, de experimentación, ou en xeral calquera que sexa susceptible de apropiación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2024.