Salón de Actos
A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga

O Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo acolle este sábado 20, a partir das 16.30 horas, o acto de graduación correspondente aos graos en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, así como do dobre grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.
A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e contará coa participación de Rosa Romero Franco, directora do centro; Mª José Gómez Rodríguez, conselleira do Medio Rural; Ángeles Novo Martínez, concelleira de Muller, Igualdade e Integración; Miguel Fernández Méndez, deputado da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento; Marcos Vázquez Marey, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo; Rafael José Muíños Moreno, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra; e Patricia González Pereiró, xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.