Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro
A Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC conta entre os seus proxectos cunha liña editorial de publicacións ao abeiro do selo editorial da USC. Estas publicacións teñen por obxecto a difusión de investigacións académicas sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, así como de materiais inéditos ou escasamente coñecidos sobre a autora. A Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro enténdese como un ámbito para a difusión de investigacións de impacto xeradas no ámbito académico, ou de textos vinculados ás actividades da propia Cátedra, orientadas ao ámbito académico, mais sen renunciar á procura dun público máis xeral.
Comité editorial
O comité editorial, que asume a responsabilidade da selección e revisión dos orixinais, está integrado por Catherine Davies (University College London), Kathleen N. March (University of Maine), Gonzalo Navaza Blanco (Universidade de Vigo, Real Academia Galega), Olivia Rodríguez González (Universidade da Coruña), María do Cebreiro Rábade Villar (USC) e Fernando Cabo Aseguinolaza (USC).
Outras publicacións
Ademais das publicacións da Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro, achéganse con propósito divulgativo outros textos derivados das actividades desenvolvidas.