Pasar al contenido principal

Proxecto CLAVDAP MULTLEX

O proxecto CLAVDAP-MULTLEX coa referencia PID2023-151333NB-100 é unha proposta vinculada á modalidade de Proxectos de Xeración de Coñecemento (convocatoria 2023). Está financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e cofinanciado pola Unión Europea. A súa vixencia é de tres anos (01/09/2024-31/08/2027).

 

Ademais da súa vinculación institucional coa Universidade de Santiago de Compostela o proxecto está formado por un equipo interuniversitario e internacional.

 

O seu obxectivo principal é o estudo do léxico e as súas características discursivas en diferentes contornas (semi)académicas e profesionais, concretamente o estudo de representantes de determinadas clases verbais, e a súa relevancia tanto no contexto do ensino-aprendizaxe de segundas linguas (=SL) e linguas estranxeiras (=LLE) como na da tradución directa e inversa.

Financiado por:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2025.