09.10.2025 | 17.30h
Museo de Historia Natural

A loita final é o documental que mostra todos os datos do impacto que tería a implantación da fábrica de celulosa, promovida por Altri e Greenalia, na comarca da Ulloa.
Este xoves 9 de outubro ás 17.30 horas terá lugar a súa proxección e posterior debate nas instalacións do Museo de Historia Natural da USC. O acto contará coa presenza do director, Enrique Banet, e da produtora, Mabel Rivera. Ademais estarán acompañados polo catedrático de zooloxía, Marcos A. González; o catedrático de botánica, Santiago Ortiz, e o profesor xubilado de botánica, Juan R. Oubiña.
A entrada é libre ata completar aforo.
Actividade organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.
