Pasar al contenido principal

Observacións astronómicas en varias vilas galegas co programa TodoCosmos

Observacións astronómicas en varias vilas galegas co programa TodoCosmos
Observacións astronómicas en varias vilas galegas co programa TodoCosmos
Quen se achegue a Allariz, Noia, Ordes, Portonovo e Santiago poderá observar a lúa, a nebulosa de Orión ou Xúpiter

Enmarcadas no programa de divulgación científica TodoCosmos da USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago ten programadas por varias vilas galegas toda unha serie de observacións astronómicas dirixidas ao público en xeral. Quen se achegue poderá observar a lúa en crecente, a nebulosa de Orión, o planeta Xúpiter ou estrelas dobres.

Hoxe venres ás 20.15 horas no Observatorio de Lalín terá lugar unha destas observacións, e ás 20.30 no Paseo Fluvial de Bertamiráns. Xa este sábado 12 a sesión de observación será ás 20.30 horas na Praza Maior de Allariz, para trasladarse o domingo 13 á mesma hora ás pistas de tenis do paseo marítimo de Noia. O luns 14 esta actividade terá lugar a partir das 20.00 horas na parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes) e o martes ás 21.00 horas en Portonovo.

Ademais destas sesións públicas por diferentes vilas galegas, o Observatorio Astronómico da USC organiza outras o luns 14 e o martes 15 ás 21.00 horas na súa propia sede en Santiago enmarcadas no seu Programa de Extensión Cultural de Astronomía.

Charlas didácticas
O programa TodoCosmos, que conta co financiamento da Fecyt, contempla ademais a próxima semana diversas charlas didácticas. A primeira será o martes 15 ás 17.00 horas no IES Baltar de Portonovo, para continuar o mércores 16 con outra ás 11.30 no Instituto Manuel Murguía de Arteixo.

Completan a semana unha charla o xoves ás 11.00 horas no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces e o venres á mesma hora no CEIP Cerdeiriñas de Piloño da mesma vila.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2016.