Obxectivos |
1) Posta en práctica dos coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos no programa.
2) Comprobar a adquisición das competencias xerais e específicas vinculadas ao Máster.
3) Verificar o grao de madurez do estudante para resolver unha hipótese
de investigación empregando unha metodoloxía axeitada. |
Contidos |
A
redacción dun traballo de máster nun programa orientado á investigación
representa a etapa final dun proceso de formación investigadora, polo
que implica: a) a reflexión sobre o problema que se trata, a
formulación das preguntas de investigación inherentes ao tema abordado
e a familiarización co contexto en que se insire esa cuestión concreta;
b) a compilación de materiais (datos, textos, testemuños, etc.) e o procesamento da información que conteñen;
c) o deseño da estrutura do traballo, polo menos no seu esquema inicial
de desenvolvemento, admitindo que pode ir experimentado variacións a
medida que os avances no estudo o determinen. |
Bibliografía |
A
bibliografía inicial será proporcionada por cada titor en función do
traballo que se realice. A partir de aí, forma parte do traballo
autónomo do alumno (sempre baixo a guía do titor) ir completando a
bibliografía de referencia. |
Competencias |
1) Capacidade de adquisición, almacenamento, organización e xestión de datos relativos ó tema do traballo.
2) Capacidade de reflexión sobre a información achegada.
3) Habilidade para a comunicación escrita e oral dos resultados da investigación.
4) Compromiso ético e responsabilidade no traballo.
5) Capacidade para traballar e actuar de forma autónoma.
6) Capacidade para o razoamento e xuízo críticos.
7) Interese e sensibilidade polo patrimonio cultural medieval en xeral.
8) Capacidade para enmarcar unha manifestación literaria, artística,
cultural no contexto que lle é propio, así como para establecer as
oportunas relacións cos demais elementos que configuran o seu entorno. |
Metodoloxía |
A
Comisión Académica do Máster asignará a cada alumno un titor en función
dos seus intereses investigadores; o titor exercerá a función de
director do traballo, se ben, cando a temática ou a metodoloxía do
mesmo o requiran, poderá ser nomeado tamén un codirector. En
liñas xerais, o traballo deberá estar vinculado a algunha das materias
cursadas polo estudante, se ben é posible, coa autorización expresa do
titor, propoñer un tema diferente, sempre que teña conexión cos
obxectivos xerais do programa e se inscriba nun ou varios dos eixes do
Máster (histórico, artístico ou lingüístico-literario).
Os requisitos formais do traballo, que será seguido directamente polo
titor mediante o sistema de titorías individualizadas, serán
comunicados ós alumnos, e colgados na web informativa do Máster, antes
de finalizar o primeiro cuadrimestre. Os estudantes dispoñen do segundo
cuadrimestre (no que tamén deberán cursar tres materias optativas) para
a súa realización. |
Avaliación |
Unha
vez finalizado o traballo, será defendido diante dun tribunal composto
por, polo menos, tres doutores con experiencia acreditada no ámbito de
estudo correspondente, e que serán integrantes do cadro docente do
Máster. Na cualificación terase en conta o informe de
seguimento do titor, ademais do contido e presentación formal do
traballo e da capacidade do alumno tanto para a defensa inicial dos
resultados acadados como para dar resposta ás intervencións dos membros
do tribunal. |
Tempo de estudo |
O
traballo fin de Máster ten asignados 12 créditos ECTS, o que equivale a
un total de 300 horas de traballo do estudante, das que 30 deben
corresponder a sesións de seguimento individuais co(s) director(es) e 2
ó acto final de defensa do traballo. |
Observacións |
Para
defender o traballo de fin de Máster, é necesario ter superados todos
os créditos obrigatorios (30) e optativos (18) establecidos no
programa, agás naqueles casos especiais en que a Comisión Académica
acorde un recoñecemento explícito de competencias, coa súa respectiva
equivalencia en créditos. Só a suma dos cursos realizados e a
superación do traballo permiten a consecución do título oficial de
Máster. |
Documentos
|
Formulario para o alumnado
|
Características formais
Prazos de entrega |
Atrás
|