Une histoire sociale des langues romanes
Investigador principal
Carmen Alén Garabato
Equipo investigador
Baixo a coordinación xeral da Profa. Carmen Alén Garabato (Montpellier 3), o equipo estaba conformado, ademais, por outros dous membros de Montpellier 3, o Prof. Henri Boyer e o investigador Mathias Valiente; a Profa. Chamaine Lee (Universidade de Salerno), a Profa. Eugenia Bojoga (Universidad Babe-Bolyai), a Profa. Rosa Medina Granda (Universidad de Oviedo), e Déborah González (USC).
O obxectivo principal do proxecto consistiu en ofrecer unha historia social das linguas románicas dispoñible en formato dixital e de acceso libre: Une histoire sociale des langues romanes. Publicado en 2018, este recurso (unha grande lesson que se beneficia da tecnoloxía para incorporar distintos soportes) foi concebido para estudantes de grado e mestrado, a través de seis módulos (1. Les origines; 2. La conquête de l’écrit; 3. Langues, Royaumes, Empires; 4. Langues, États-Nations; 5. Langues, Peuples; 6. Créolisations), coa finalidade de contar unha historia social das linguas románicas mediante a cal o estudante pode descobrir a configuración sociolingüística da Romania, pode apreciar o papel fundamental exercido por sucesos políticos, relixiosos e culturais na formación das linguas e na evolución ecolingüística de Europa.