Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica

Mariña Arbor Aldea (coord.)

No volume ofrécese unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha reportaxe fotográfica (artística) da área na que se iniciou o cultivo desta poesía.