A xestión da investigación é un ámbito moi sensible para os axentes públicos de I+D+i polo seu impacto nas investigacións que se desenvolven, podendo axudar ou obstaculizar, e tamén pola rixidez que o Dereito Administrativo introduce no día a día.
A modificación da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación en 2022 tiña dous obxectivos directamente relacionados coa mellora da competitividade do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación:
- actualizar a normativa reguladora da transferencia de coñecemento e de resultados da actividade investigadora, con especial énfase no réxime xurídico aplicable e,
- mellorar a coordinación e colaboración entre axentes tanto públicos como privados.
Isto supón a necesidade de aplicar unha xestión innovadora da investigación que permita conciliar a axilidade e a flexibilidade co rigor esixible ás actuacións de entes do sector público.
Co obxecto de poñer en común diferentes experiencias e buscar fórmulas que nos permitan avanzar nese camiño, a Universidade de Santiago de Compostela organiza as xornada de Xestión Innovadora da Investigación o próximo 11 de outubro.
Esta xornada conta con financiamento do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de acción estratéxicas de I+D+i 2023-2024.
11 de outubro na Sala de Reunións do Centro de Estudos Avanzados (CEA) – Parque de Vista Alegre, s/n, Santiago de Compostela
Programa
Inauguración (9:30 – 10:00)
Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Pilar Bermejo Barrera, vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela
Ponencia inaugural (10:00 – 11:15)
Os retos da investigación perante as últimas reformas normativas
Javier Ferreira Fernández
Catedrático de Dereito Administrativo e Xerente da USC
Pausa café (11:15 -11:45)
Mesa redonda (11.45 -13:15)
A organización da investigación
Modera:
José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Participan:
-
Carmen González Sotelo, Delegada Institucional en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
-
Rosa M. Crujeiras Casais, directora científica do Centro de Investigación y Tecnología Matemática de Galicia (CITMAga)
-
Carlos A. Salgado López, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC)
Ponencia (13:15 – 14:30)
O réxime xurídico da xestión da investigación
Diana Santiago Iglesias, Delegada do reitor para Racionalización e Calidade Normativa e Profesora Titular da área de Dereito Administrativo
Xantar cóctel 14:30 a 16:30 horas
Mesa redonda (16:30-18:00 horas)
A transferencia do coñecemento
Modera:
Pilar Bermejo Barrera, vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela
Participan:
-
Luis Otero González, Delegado do reitor para Transferencia do Coñecemento (Universidade de Santiago de Compostela)
-
Susana Ladra González, Adxunta de Transferencia da Universidade da Coruña
-
Daniel Villanueva Torres, Director de Vigo Tecnolóxico da Universidade de Vigo
-
Pablo Mosquera Martínez, Director de Investimentos de Unirisco
-
María José Mariño Fontenla, directora del Área de Talento y Transferencia da Axencia Galega de Innovación (GAIN)