A Didáctica da Lingua e a Literatura ante o reto da nova lei educativa
Dende o comité organizador queremos darvos as grazas pola vosa participación no congreso. Nos vindeiros días farémosvos chegar a través do correo-e os certificados de asistencia e presentación de comunicacións.
O XXIV Congreso Internacional da SEDLL celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro de 2023.
O lema elexido para este congreso foi "A Didáctica da Lingua e a Literatura ante o reto da nova ley educativa". Consideramos que a recente aparición da LOMLOE preséntase como unha magnífica oportunidade para deterse momentaneamente e mirar ao pasado e ao futuro da nosa disciplina. Observar a aplicación deste novo marco legal permitiranos achegarnos ás liñas de forza que xorden dende a innovación educativa, así como ao fundamento ideológico no que se sustentan os enfoques e métodos que cobraron unha maior relevancia nos últimos anos. Trátase dunha análise que pode abranguer as cuestións didácticas máis diversas.
O congreso vai dirixido a profesorado de distintos niveis educativos, alumando de doutorado, mestrado ou grao, investigadoras e investigadoras de diferentes especialidades e público xeral interesado nas cuestións abordadas.
Contacto e consultas
As consultas sobre calquera cuestión vencellada co congreso poden dirixirse ao correo-e sedll2023 [at] usc.es (sedll2023[at]usc[dot]es).
A través das nosas contas de twitter (https://twitter.com/CongresoSEDLL23) e instagram (https://www.instagram.com/congresosedll23/) irase ofrecendo información actualizada.