Introdución
O mundo rural que coñecemos, o máis próximo a nós, cambiou moito nos últimos anos e segue en constante transformación. As definicións clásicas de ruralidade van perdendo forza ante unha nova sociedade rural impregnada de “valores urbanos”. A delimitación dos espazos rurais é cada vez máis dificultosa a medida que aumenta a diversidade de usos de estes espazos. E visión que a sociedade ten destes espazos muda tamén a medida que estes deixan de ser concibidos como meros contedores da actividade agraria e pasan a ter outros usos, entre eles os ambientais.
Ante este novo marco, hai que falar de indicadores adaptados a esta realidade cambiante, que deben ser revisados periodicamente para que non perdan o seu valor clasificatorio. É importante destacar neste sentido, que as novas clasificacións son cada vez máis relativas e menos absolutas, pois é moi difícil establecer o grao de ruralidade dun determinado espazo xeográfico sen comparalo con outro, preferiblemente no mesmo contexto socioeconómico e cultural.
Pero para entender o punto a realidade das áreas rurais hoxe temos que revisar o papel que estes espazos teñen desenvolvido ao longo da historia. De aí que nos contidos desta materia se faga alusión a ela, para pasar logo a comparar as características diferenciais das distintas áreas rurais actuais, no conxunto de Europa e en Galicia. É importante tamén estudar a paisaxe rural e a súa evolución para caracterizar estes espazos e, en moitas ocasións, poñelos en valor. Especialmente nun contesto no que os usos ambientais son cada vez mais valorizados.
Ao longo da materia caracterizaranse os problemas máis urxentes do mundo rural (despoboamento, perda de equipamentos e servizos, enfraquecemento económico...), mas tentando por de manifesto, por unha banda as causas que motivan esta situación, e por outra as actuacións que en materia de política de desenvolvemento rural se poden por en marcha para superar esta situación.
Obxectivos
Conseguir que os alumnos acaden unha certa visión crítica do momento actual do Mundo Rural europeo en xeral, e o galego en particular, tanto no que se refire ás súas principais características como á súa problemática.
Farase unha análise das trabas para o seu desenvolvemento e da dificultade para a súa propia delimitación territorial, de cara a propoñer actuacións que confronten os retos identificados.
Contidos
- Que é o medio rural? (3 horas)
- A sociedade agraria tradicional. (3 horas)
- Os procesos de cambio agrario. (3 horas)
- Elementos específicos do proceso de cambio agrario na Galiza. (2horas)
- A política de desenvolvemento rural en Europa. A súa aplicación no caso galego. (4 horas)
- As novas funcións do rural e o concepto de multifuncionalidade. (5 horas)
- Servizos Ecosistémicos. (5 horas)
- A paisaxe como recurso económico do rural. (3 horas)
- Os incendios como ameaza para o rural galego: causas sociais. (2 horas)
Metodoloxía
Ao longo das horas de clase se irán explicando os contidos da materia, empregando habitualmente material de apoio.
Tamén se propoñerán debates e exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos, que permitan unha maior comprensión dos mesmos e a participación do alumnado na clase.
Se os medios materiais o permiten, farase unha saída ao campo para analizar in situ aspectos contemplados no desenvolvemento teórico da materia.
A asistencia aos seminarios organizados polo grupo de innovación docente RURALIA inclúense dentro das horas docentes e permitirán ao alumnado achegarse á realidade rural a traveso da opinión dos propios protagonistas.
Sistema de avaliación
A través de traballos relacionados co tema, individualmente ou en grupo.
Bibliografía básica
- ARNALTE, E., ORTIZ, D. E MORENO, O. (2008): “Cambio estructural en La agricultura española. Un nuevo modelo de ajuste en el inicio del siglo XXI”. Papeles de Economía Española, 117.
- BALBOA, X. (1990): O monte en Galicia. Vigo: Xerais.
- BAPTISTA, F. (2001): Agricultura e territórios. Oeiras: Ed. Celta.
- BOUHIER, Abel (2001): Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario. 2 vol. Santiago: Xunta de Galicia.
- CAMARERO, L. A. (1993): Del éxodo rural y del éxodo urbano. Ocaso y renacimiento de los asentamientos rurales en España. Madrid: M.A.P.A.
- CASTRO, X. (2007): Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Vigo: Ed. Nigratrea.
- COMMON, M. E STAGL, S. (2008): Introducción a la economía ecológica. Barcelona: Reverté.
- FERNÁNDEZ PRIETO, L. (1992): Labregos con ciencia. Vigo: Xerais.
- GARCÍA RAMÓN, M. D.; TULLA i PUJOL, A.; VALDOVINOS PERDICES, N. (1995): Geografía rural. Madrid: Ed. Síntesis.
- GOMEZ BENITO, C. (2002): Agricultura y sociedad en el cambio de siglo. Madrid: Ed.Mc Graw Hill-UNED.
- GONZÁLEZ DE LA MOLINA, M. e MARTINEZ ALIER, J (2001): Naturaleza transformada. Barcelona: Icaria.
- GRUPO DOS COMÚNS (2006): Os montes veciñais en man común. Vigo: Xerais.
- JIMÉNEZ, L. M. (1997): Desarrollo sostenible y economía ecológica. Integración medio ambiente-desarrollo y economía-ecología. Madrid: Sintesis
- LÓPEZ IGLESIAS, E. (2003): «Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa». Papeles de Economía Española, 96: 20-37.
- MARIÑO FERRO, X. R (2000).: Antropoloxía de Galicia. Vigo: Xerais.
- MATA OLMO, R. (1997): «Paisajes y sistemas agrarios españoles», en Gómez Benito, C. e González Rodríguez J. (Eds): Agricultura y sociedad en la España contemporánea. Madrid: CIS.
- PEDREÑO CÁNOVAS, A. (2000): Ruralidad globalizada, sociología de los territorios de las factorías vegetales. Mucia: Diego Marín Librero Editor.
- PLOEG, J. (2010): Nuevos campesinos. Campesinos e imperios alimentarios. Barcelona: Icaria.
- SINEIRO, F. e LORENZANA, R. (2008): «La ganadería en España: situación actual y evolución reciente». Papeles de Economía Española, 117