Ir o contido principal

Aspectos básicos da calidade de vida

Docentes da USC: Nuria García Couceiro, Lucía Ordoñez Mayán, Cristina Jorge Soto, Santiago Martínez Isasi e Marcos Pazos Couselo

Nº de créditos: 3

Introdución

O descenso da natalidade, xunto co aumento da esperanza de vida, xerado polos avances científicos e as melloras nos hábitos hixiénicos e dietéticos, están a conlevar un progresivo envellecemento poblacional. Por ende, nos últimos tempos vense percibindo un maior interese polo estudo, tanto do envellecemento, como da calidade de vida das persoas de idade avanzada.

A calidade de vida constitúe un concepto amplo e variable, que vai máis aló do estado de saúde e engloba outros aspectos relacionados co benestar físico, psíquico e social, tales como a economía, a educación, as actividades de ocio ou a satisfacción persoal.

Por medio desta materia intentarase resaltar aqueles aspectos modificables, sobre os que se pode actuar para que as persoas maiores alcancen unha adecuada calidade de vida.

Obxectivos

  • Coñecer os conceptos de saúde, enfermidade, envellecemento, envellecemento activo, calidade de vida, etc.
  • Coñecer as diferentes teorías do envellecemento e os grandes síndromes xeriátricos.
  • Analizar os principais factores relacionados coa calidade de vida no maior.
  • Coñecer estratexias para mellorar a xestión e a utilización do tempo de ocio.
  • Coñecer as indicacións da actividade física e deportiva para as persoas de idade avanzada.
  • Analizar aspectos relacionados coa sexualidade na terceira idade.
  • Profundar sobre os tratamentos non convencionais existentes e as curas termais.

Competencia

Tras cursar esta materia, o alumnado será capaz de identificar aqueles aspectos fundamentais relacionados coa mellora da calidade de vida no maior.

Contidos

TEMA 1: CONCEPTOS BÁSICOS E Introducción

TEMA 2: O EVELLECEMENTO: CAMBIOS BIOLÓXICOS, SOCIAIS E PSICOEMOCIONAIS

TEMA 3: A CALIDADE DE VIDA E OS SEUS CONDICIONANTES

TEMA 4: ENVELLECEMENTO ACTIVO E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA NOS MAIORES

TEMA 5: TRATAMENTOS NON CONVENCIONAIS E CURAS TERMAIS

Metodoloxía

  • Clases teóricas con apoio de medios audiovisuais: presentacións interactivas e videos.
  • Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos da materia.
  • Sesións prácticas relacionados cos contidos teóricos da materia.
  • Debates constructivos e cienfíficos.
  • Análise de textos ou videos sobre aspectos relacionados coa calidade de vida que sexan de actualidade.
  • Visualización de películas ou documentais relacionados cos contidos da materia.

Sistema de avaliación

A avaliación da materia realizarase de maneiro continuada ao longo do curso. Para iso terase en conta:

  • A presentación de traballos curtos e sinxelos relacionados coa materia: 80% da nota.
  • A participación activa na aula: 20% da nota.
  • A asistencia a clase.

Bibliografía básica

  • Bermejo García, L. (2010): Envejecimiento activo y actividades socioeducativas con personas mayores: guía de buenas prácticas. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
  • Ballesteros Jiménez, S. (2007): Envejecimiento saludable: aspectos biológicos, psicológicos y sociales. Madrid: Universitas; UNED.
  • Fernández Ballesteros, R. (2009): Envejecimiento activo: Contribuciones de la Psicología. Madrid: Ediciones Pirámide.
  • Rojo-Pérez, F. y Fernández-Mayoralas (2011): Calidad de vida y envejecimiento: la visión de los mayores sobre sus condiciones de vida. (2011). Bilbao: Fundación BBVA.
  • Stuart-Hamilton, I. (2002): Psicología del envejecimiento. Madrid: Morata.
  • Moragas Moragas, R. (2001): La jubilación: una oportunidad vital. Barcelona: Herder.
  • Mayán Santos, J. M., Casal Moldes, A., Cuervo Martínez, P. (2002): Actividad física y ocio para personas mayores. Santiago de Compostela: Sega.
  • Marcos Becerro, J.F..; Galiano Orea, D. (2003): Ejercicio, salud y longevidad. Sevilla: Consejería de Turismo y Deporte.
  • Gómez-Cantorna, C. y Fernández-Vázquez, A. (2015): Pacientes de la tercera edad y su sexualidad. Carolina del Norte: Lulú Press.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2023.