Ir o contido principal

Ecoloxía e Desenvolvemento Sustentábel

Docente da USC: Emilio V. Carral Vilariño

N.º de créditos: 3

Introdución

Acadar que o alumnado teña claro os conceptos de biodiversidade e desenvolvemento sustentábel, e o papel fundamental que xoga o coñecemento do ecosistema e as súas relacións para acadar un coñecemento equilibrado dos fitos anteriores.  Do mesmo xeito, e a partires dun exemplo práctico ( lá de ovella galega), tratase de conseguir revelar a importancia práctica da preservación da biodiversidade, e o papel fundamental que xoga tanto para a conservación das especies como para a existencia do ser humano.

Obxectivos

  • Entender que é un ecosistema, a diversidade biolóxica  e a súas relacións.
  • Entender a importancia da biodiversidade para o ser humano.
  • Entender a relación entre xestión da biodiversidade e desenvolvemento sustentábel.

Competencia

  • Ter capacidade de identificar a importancia da conservación  da diversidade biolóxica para distintos ámbitos da vida.

Contidos

Ecoloxía e ecosistemas.

Diversidade biolóxica, os seus  usos e valores.

Impacto do ser humano na biodiversidade. Indicadores.

Estratexias de conservación da diversidade biolóxica.

Introdución ao desenvolvemento sustentábel.

Metodoloxía

Aulas teóricas, así como presentación de traballos do alumnado.

Viaxe de prácticas.

Sistema de avaliación

Asistencia ás aulas, realización e exposición de traballos, asistencia á viaxe de prácticas.

Bibliografía básica

  • AA. VV. (1999): Ecología. Atlas Visuales Océano. Barcelona: Océano.
  • Dajoz, R. (2002): Tratado de Ecología. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa.
  • Delibes de Castro, Miguel (2001): Vida. La naturaleza en peligro. Madrid: Ediciones Temas de Hoy
  • Smith, R. L. e Smith, T. M.  (2001): Ecología. Madrid: Addison Wesley.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2023.