Introdución
Esta materia ten o propósito de contribuír, a través da práctica motriz, á mellora da calidade de vida e do sentimento de benestar das persoas participantes.
Mediante actividades motrices diversas, motivadoras e socializadoras, proporase un traballo corporal que dea resposta ás necesidades e capacidades psicomotrices de todas as persoas participantes. Paralelamente buscarase favorecer a autoconciencia corporal e as relacións intragrupais.
Esta materia ofértase a todas as persoas que cursaron as materias Educación Física Saudable (Obradoiro) e Educación Física Saudable (Optativa).
Obxectivos
- Recoñecer o valor da actividade física como ferramenta para unha vida máis saudable.
- Practicar e vivenciar actividades físicas diversas buscando o desenvolvemento e a mellora:
- Da conciencia corporal
- Da coordinación e o equilibrio.
- Do ritmo e a percepción espacial.
- Das estratexias, da superación e dos medos respecto á propia motricidade.
- Das relación entre iguais.
Contidos
- A conciencia corporal.
- O control postural.
- O equilibrio.
- A respiración.
- A relaxación.
- A coordinación.
- A percepción do espazo e do tempo.
- O ritmo e as danzas.
- Os xogos motores.
Metodoloxía
Esta materia será totalmente práctica; polo tanto desenvolverase no ximnasio da Facultade de Formación do Profesorado.
Posto que as sesións requiriran a participación motriz do alumnado, será preciso acudir con roupa cómoda e calzado deportivo e ben axustado ao pé.
Concrecións metodolóxicas:
- Os agrupamentos serán diversos e estableceranse en función das actividades e dos obxectivos buscados: individuais, por parellas, pequenos grupos ou gran grupo.
- As propostas serán pechadas cando requiran unha reprodución o máis exacta posible da acción motriz; e máis abertas, cando se busque a experimentación e a mellora progresiva da acción motriz.
- Teranse en conta e respectaranse os distintos niveis de competencia motriz das persoas participantes.
- Estimularase a superación de retos motrices apropiados ás situacións de partida de cada quen.
- Fomentarase a colaboración entre iguais.
- Todas as sesións terán unha organización progresiva en canto ao nivel de esforzo. Na parte final, buscarase a calma motriz e psicolóxica con actividades de estiramento e/ou relaxación.
Sistema de avaliación
Para avaliar a materia terase en conta:
- A asistencia diaria.
- A participación nas sesións prácticas.
Bibliografía básica
- Consejo Superior de Deportes (2016): Guía de actividad física para el envejecimiento activo de las personas mayores. Disponible en https://www.csd.gob.es/es/guia-de-actividad-fisica-para-el-envejecimien…
- Febrer de los Ríos, Antonia e Soler Vila, Ángeles (1989): Cuerpo, Dinamismo y Vejez. Barcelona: Inde.
- Garatachea Vallejo, Nuria (2006): Actividad física y envejecimiento. Sevilla: Wanceulen.
- Organización Mundial de la Salud (2018): La actividad física en los adultos mayores. Disponible en http://www.who.int/dietphysicalactivity/factsheet_olderadults/es/
- Pérez Serrano, Gloria (2012): Tratamiento educativo de la diversidad en personas mayores. Edición Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. (Recurso electrónico). Dispoñible en https://www.librosuned.com/LU25440/Tratamiento-educativo-de-la-diversid…
- Pont Geis, Pilar et al. (2008): Tercera edad, actividad física y salud: Teoría y práctica. Barcelona: Paidotribo.
- Ruiz Juan, Francisco; García Montes, María Elena; Piéron, Maurice (2009). Actividad física y estilos de vida saludables : análisis de los determinantes de la práctica en adultos. Sevilla. Wanceulen.
- Tomás Carús, Pablo; Timón Andrada, Rafael (2008): Personas mayores y ejercicio físico: un plan de trabajo anual. Sevilla: Wanceulen.
- Valbuena Ruiz, Julio; Fernández Hawrylak, María (2007): La actividad física en las personas mayores : Implicaciones físicas, sociales e intelectuales. Madrid: CCS.