Ir o contido principal

Os espazos para a arte: museos e centros expositivos

Docente da USC: David Chao Castro

Nº de créditos: 3

Introdución

Os museos e centros expositivos conforman espazos artístico-culturais de interacción social na cotidianidade. Pero lonxe de resultar simples contenedores arquitectónicos, as institucións museísticas e expositivas desempeñan un papel activo na evolución da percepción e consideración do patrimonio cultural dunha comunidade, e da maneira de ser comprendida polos visitantes propios e alleos. Na actualidade, a dinámica cultural e turística non pode prescindir da realidade dos museos e centros expositivos, véndose todos eles agrupados en dous polos: os que precisan atraer máis visitantes, e os que presentan niveis de verdadeira saturación. Nuns casos e noutros a xestión e programación dos seus respectivos equipos directivos e técnicos amosan posibilidades moi diferentes en función dos obxectivos socio-culturais (e mesmo económico-políticos) que terminan por condicionar e orientar a imaxe perceptiva de cada un destes centros museísticos e expositivos.

Obxectivos

  • Coñecer a realidade dos museos e centros expositivos coma espazos de interacción socio-cultural.
  • Contextualizar o patrimonio cultural en relación cos museos e espazos expositivos.
  • Desenvolver un sentido crítico na análise e estudo da realidade museística.

Competencia

  1. Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos na revisión crítica de exemplos museísticos e centros expositivos.
  2. Que os estudantes adquiran capacidades e destrezas para aumentar os seus coñecementos na realidade museística.
  3. Que os estudantes sexan capaces de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (e multidisciplinares) relacionados con esta área de estudo.
  4. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos de valor a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas.
  5. Que os estudantes sepan comunicar as súas conclusións e os coñecementos aprehendidos de xeito claro e conciso.
  6. Capacitación para traballar tanto de xeito individual como en equipo.

Contidos

  1. O museo e a súa conformación histórica. Definicións. Do Museion da Antigüidade aos gabinetes de curiosidades. Os museos desde a Ilustración ata mediados do século XX.
  2. Museoloxía e Museografía: a ciencia do museo e a súa aplicación técnica. Definicións e desenvolvemento teórico-práctico.
  3. As funcións do museo: adquirir, conservar, estudar, expoñer, difundir, valorar, educar... O museo e os centros expositivos como institucións ao servizo da sociedade.
  4. Cambios nas función tradicionais do museo. Repercusión das transformacións sociais na redimensión museística tras a Segunda Guerra Mundial e a partires dos anos sesenta do século XX. Entre os museos, os centros de arte e os centros expositivos. A trascendencia das exposicións temporais.
  5. Os museos e centros expositivos no século XXI: recursos tecnolóxicos e dixitais como paradigma museístico do presente e do futuro. Entre o científico e o lúdico: o museo-virtual e as novas demandas socio-culturais.

Metodoloxía

O desenvolvemento da materia contempla dúas vertentes: actividades formativas presenciais (na aula e fóra dela) e actividades formativas non presenciais.

1) Actividades formativas presenciais:

(a) Clases teóricas adicadas á explicación e comprensión dos contados obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, que solicitará tanto na exposición como nas clases prácticas interactivas a participación activa dos alumnos. Para as explicación empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.

(b) Clases prácticas interactivas na aula adicadas ao comentario de textos periodísticos, á realización de exercicios nos que se teñan que aplicar os métodos e conceptos estudados, e á análise práctica de diferentes exemplos museísticos a partires dos seus recursos de comunicación e xestión (páxinas web, redes sociais…). Estas clases serán orientadas polo profesor e contarán coa participación activa dos alumnos.

(c) Clases teórico-prácticas interactivas fóra da aula, a partires da visita in situ a determinadas institucións museísticas e expositivas de Santiago de Compostela, de cara ao recoñecemento, aplicación práctica e ampliación dos aspectos teóricos en casos reais. Estas visitas desenvolveranse en horario de clase.

Varios días completos, fóra de horario, e de acordo con outros profesores de áreas afíns (Mª Dolores Barral Rivadulla, responsable de varias asignaturas de Historia da Arte) proporanse prácticas de campo a partires de viaxes organizados fóra de Santiago (Pontevedra, A Coruña…) para poder achegarnos a otras realidades axenas ao ámbito residencial habitual, e que amosan grande interés para o coñecemento. Neste caso non Terán un carácter de asistencia obrigatoria.

(d) Titorías en grupos reducidos e titorías individualizadas; nelas ofrecerase  ao alumnado a orientación, recomendación bibliográfica, guía metodolóxica e supervisión precisas para o seguimiento da asignatura e para que poidan profundizar nos contidos estudados.

2) Actividades formativas non presenciais:

Preparación dun pequeno traballo individual, a elixir entre a lectura e comentario crítico de varios textos, ou a revisión e comentario crítico dos contidos da comunicación dun museo concreto coa sociedade (páxina web, redes sociais…). En ambas posibilidades a extensión máxima será de tres páxinas/carillas (letra Times New Roman 12 ou equivalente, espazo 1.5 // ou a man). Organización de dúas ou tres mesas redondas para que todos os alumnos poidan participar nalgunha delas explicando os resultados do seu traballo e plantexando polo tanto un sentido crítico de aproximación á realidade dos museos e centros expositivos concretos.

Sistema de avaliación

1) Todos los alumnos deberán participar obligatoriamente nas clases presenciais e tomar parte activa nas diferentes actividades presenciais desenvolvidas, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos. Na avaliación, esta participación activa y continuada do alumnado en todas as actividades presenciais suporá un 40% da calificación total.

Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta, o alumno non poderá acumular máis de 8 horas de ausencia a clase sen xustificar debidamente. No caso de que por causas debidamente xustificadas o alumno supere as 8 horas de non asistencia ás clases, ese alumno deberá realizar un traballo escrito complementario que deberá acordar co profesor da asignatura.

2) Ao final do cuadrimestre, en data fixada para o exame, o alumnado deberá cumprimentar un examen tipo test acerca dos contidos das clases teóricas. O valor máximo deste exame tipo test será do 30% da calificación total.

3) O traballo escrito individual que todos os alumnos deben realizar, e que se describe no epígrafe precedente (punto 2 da Metodoloxía), suporá o 30% restante da calificación total.

Bibliografía básica

ALONSO FERNÁNDEZ, L., Introducción a la nueva museología. Madrid, Alianza, 1999

BELDA NAVARRO, C.; MARÍN, M.T., La Museología y la Historia del Arte. Murcia, Universidad de Murcia, 2006.

DELOCHE, B., El museo virtual. Gijón, Ediciones Trea, 2002.

DÍAZ BALERDI, I., La memoria fragmentada. El museo y sus paradojas. Gijón, Ediciones Trea, 2008.

FERNÁNDEZ PARADAS, A.R., Museología aplicada: didáctica, casos prácticos y materiales docentes. Antequera-Málaga, ExLibric, 2015.
HERNÁNDEZ CARDONA, F.X.; SANTACANA MESTRE, J., Museología crítica. Gijón, Ediciones Trea, 2006.

HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., Manual de Museología. Madrid, Síntesis, 1994

HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El museo como espacio de comunicación. Gijón, Ediciones Trea, 1998.

HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., Planteamientos teóricos de la museología. Gijón, Ediciones Trea, 2006.

LORENTE LORENTE, J.P., Manual de historia de la museología. Gijón, Trea, 2012.

Museología y Museografía. Barcelona, Ediciones del Serbal, 2001.

ZUBIAUR CARREÑO, F. J. Curso de Museología. Gijón, Ediciones Trea, 2004.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2023.