Introdución
A Fisioloxía estuda as funcións dos seres vivos, tentando explicar os factores físicos, químicos e biolóxicos que causan a orixe, desenvolvemento e progresión da vida. Esta disciplina estuda as interaccións moleculares e celulares que se realizan nos seres vivos, conferíndolles as súas características funcionais.
No presente curso preténdese introducir ao estudantado en conceptos e teorías centrais que explican fenómenos biolóxicos a diferentes niveis de organización do ser humano: células, tecidos, órganos, sistemas de órganos e organismo completo para que logre construír unha representación conceptual do organismo humano como un sistema complexo, aberto, coordinado e con capacidade de reproducirse.
Obxectivos
- Comprender o funcionamento de células, órganos e sistemas do corpo humano.
- Comprender os mecanismos de integración e como o organismo se comporta como una unidade funcional.
- Facilitar o coñecemento da linguaxe específica da terminoloxía sanitaria.
Competencia
- Traballo en equipo.
- Capacidade de análise, síntese e comprensión.
- Razoamento crítico.
- Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na vida diaria.
Contidos
- Concepto de Fisioloxía. Concepto de medio interno. Homeostase e mecanismos homeostáticos. Introdución á fisioloxía celular.
- Líquidos corporais. Composición, propiedades e funcións dos líquidos corporais.
- Introdución ao sistema hematopoético. Funcións e composición do sangue. Características xerais da resposta inmunitaria.
- Organización e función do Sistema Nervioso. Xeración e transmisión do impulso nervioso. Comunicación neuronal.
- Fisioloxía sensorial, función motora e integradora.
- Fisioloxía cardíaca. Nocións básicas do EKG.
- Fisioloxía do aparello respiratorio. Funcións do pulmón e das vías respiratorias, intercambio e transporte de gases.
- Fisioloxía do aparello urinario: funcións xerais do ril, dos uréteres e da vexiga urinaria. A diálise.
- Fisioloxía dixestiva: funcións motoras, secretoras e de absorción do a parello dixestivo. Funcións secretoras de glándulas anexas: glándulas salivares, páncreas e fígado.
- Introdución á Endocrinoloxía. Sistemas de control endocrino. Unidade hipotálamo-hipófise, Páncreas endocrino. Suprarrenais. Tiroide e paratiroide. Regulación da homeoestase enerxética. Gónadas e reprodución. Resposta sexual humana.
Metodoloxía
Nas aulas expositivas, a profesora exporá e explicará ao estudantado os principais contidos da materia, fomentando a participación, o debate e a opinión crítica na aula. Estas aulas combinaranse con aulas interactivas, con propostas de actividades individuais e grupais. Desenvolverase a análise e resolución de casos ou supostos prácticos que integren a aprendizaxe dos contidos desenvolvidos. Traballarase tamén o manexo de material didáctico con TIC. O estudantado poderá adquirir competencias de tipo transversal en canto a labores de procura de información biomédica.
Sistema de avaliación
- Realización de traballos e actividades 70%
- Asistencia e participación nas aulas 30%
Bibliografía básica
- Constanzo, LS. (2020): Fisiología. 7.ª edición. Barcelona: Elsevier.
- Fox, S. I. (2021): Fisiología Humana. 15.ª edición. Madrid: McGraw-Hill.
- Guyton, A. C. (2021): Tratado de Fisiología Médica. 14.ª edición. Barcelona: Elsevier.
- Silverthorn, D. U. (2019): Fisiología humana. 8.ª edición. Madrid: Médica panamericana, 2019