Introdución
Esta materia trata de proporcionar ao alumnado un coñecemento básico e, ao tempo, rigoroso dos principais aspectos do sistema xurídico español vixente en materia de Dereito, principalmente, privado. Teranse en conta outras pólas do ordenamento xurídico como o Dereito constitucional e o Dereito penal. Xa que logo, seguirase un enfoque pluridisciplinar.
Hai a posibilidade de que, a petición do alumnado, se trate algún tema específico, sexa pola súa actualidade, sexa polo interese particular dos asistentes ao curso. Trátase, entón, dun programa aberto ás suxestións do alumnado.
Obxectivos
- Comprensión da composición e estrutura do sistema constitucional español
- Comprensión da creación e aplicación das normas xurídicas
- Comprensión das principais institucións de Dereito privado
Competencia
- Comprensión e familiaridade coa linguaxe xurídica básica
- Capacidade de procura da normativa aplicable e decisións xudiciais
- Capacidade de análise crítica e aplicación práctica de coñecementos
Contidos
Tema I. Estrutura política constitucional
Tema II. Sistema de fontes
Tema III. Organización xudicial
Tema IV. Procedementos xudiciais
Tema V. Dereito da persoa
Tema VI. As obrigacións
Tema VII.- Os dereitos reais
Tema VIII. A herdanza
Metodoloxía
Combinaranse as clases expositivas e interactivas coa resolución de casos prácticos e comentarios de sentenzas.
Sistema de avaliación
Dous exames parciais tipo test.
Materiais
Entregaranse as leccións a través do Campus Virtual.