Introdución
A materia propón unha viaxe, unha labor retrospectiva de achegamento ao estudo da obra de arte. Incardinada nos eixos cronolóxicos que se desenvolven dende a Prehistoria até o Medievo e froito da creatividade humana, e expresión tanto do mundo tanxíbel coma intanxíbel; a creación artística; e a súa relación coas primeiras sociedades, coas grandes e antigas civilizacións e cos vellos e novos deuses; centrarán os contidos e aproximarán unha primeira perspectiva do incríbel mundo da Historia da Arte. Aquelxs interesadxs obterán unha visión panorámica sobre a Arte Antiga e Medieval, contextualizado a realidade artística galega, a creación das tipoloxías e estilos e a compresión da cosmovisión artística de outrora; básica para entender o desenvolvemento artístico e estético posterior e contextualizar, de xeito crítico, a realidade artística actual.
Obxectivos
- Introducir ao/á alumno/a na comprensión da creatividade artística.
- Aproximar o coñecemento das características e liñas básicas da produción artística, a súa función, o seu entorno cultural e a súa evolución até o mundo medieval, incardinando a obra de arte no contexto social, económico, político e ideolóxico na que foi creada.
- Achegar o estudo e a interpretación da teoría da arte e do pensamento estético atendendo aos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos e ideolóxicos que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas, e as linguaxes formais da arte.
- Achegar o coñecemento específico das fontes, tendencias, artistas e obras máis relevantes e representativas do Mundo antigo e Medieval, en particular as do Occidente Europeo.
- Introducir ao alumnado na comprensión e manexo das diferentes linguaxes e terminoloxías artísticas a través da análise dos seus elementos fundamentais de expresión, incluíndo os medios de comunicación de masas e os novos soportes dixitais.
Competencias
- Capacidade para aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico aplicado ao análise e valoración de alternativas.
- Capacidade de análise crítica das diversas concepcións artísticas.
- Capacidade de relacionar e contextualizar as manifestacións artísticas, en especial a Arte Galega coa doutros lugares e en diferentes períodos históricos.
- Saber aplicar os coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte para interpretar e manexar gráficos, fotografías, imaxes en movemento, informática e materiais da obra de arte.
- Tomar contacto directo coas obras artísticas mediante visitas aos monumentos históricos, museos e exposicións que amosan ao público este tipo de obras.
- Capacidade de lectura do entorno a partir do análise, observación e dedución da información procedente das obras artísticas producidas ao longo da historia.
- Capacidade de análise e síntese a partir da información procedente dos diversos contidos da Historia da Arte.
- Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes e emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre aspectos da produción artística nas súas diferentes facetas.
- Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade da humanidade.
Contidos
- Aprender a ver a arte. Linguaxes e significados
- A prehistoria da arte. Entre a Venus de Willwndorf, os mamuts de Cova de Eirós e os gravados dos megalitos
- A arte protohistórica. Das insculturas ou petrogrlifos aos guerreiros da Idade do Ferro
- A arte exipcia. Das orixes da arquitectura á función eterna da arte
- Arquitectura grega. Dos tipos arquitectónicos ás orixes do urbanismo occidental
- Arquitectura romana. Entre as técnicas construtivas e a función propagandística dos espazos
- Arte clásica. Pintura e escultura en Grecia e Roma
- A arte ao servizo de Deus. Do aniconismo á didáctica das imaxes
- Os espazos cultuais cristiás. A evolución arquitectónica do templo
- A cosmopolita arte do Alto Medievo hispánico. Interacción e reacción entre culturas
- Arquitectura románica e gótica. De Cluny á Rivoyra Sacrata
- A figuración románica e gótica. Entre o relato e o esplendor da cor
- Cruzando o charco. A arte precolombina andina
- De cara oriente. O antigo mundo artístico oriental
- A arte do complemento. Entre a dimensión máxico-simbólica e a distinción social
Metodoloxía
De cara facilitar e favorecer a adquisición de coñecementos a materia impartirase do seguinte xeito:
- Exposición teórica. Aulas expositivas complementadas con información gráfica nas que se fará a explicación dos contidos teóricos da materia .
- Exposición a debate. Aulas interactivas ou participativas nas que xs alumnxs afrontarán actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Prácticas de campo. Saídas fóra da aula concordadas cos alumnxs.
Sistema de avaliación
- Participación e aportación nas aulas aos debates 70%
- Presentación de un traballo individual sobre algún dos aspectos da materia 20%
- Asistencia e participación nas actividades extra-aulares, 10%
Bibliografía básica
- Alcina Franch, J. (1982): Arte y antropología. Madrid: Alianza.
- Belting, H. (2007): Antropología de la imagen. Buenos Aires: Katz.
- Borrás Guali, G. e outros (1988): Introducción General al Arte. Madrid: Istmo.
- Checa Cremades, F., García Felguera, M.S. e Morán Turina, M. (1987): Guía para el estudio de la Historia del Arte. Madrid: Cátedra.
- Eco, U. (1985): La definición del arte. Lo que hoy llamamos arte ¿ha sido y será siempre arte? Barcelona: Martínez Roca.
- Faerna García-Bermejo, J. M. e Gómez Cedillo, A. (2000): Conceptos fundamentales del arte. Madrid: Alianza.
- Fatás, G. e Borrás, G.M. (1999): Diccionario de términos de arte y elementos de arqueología, heráldica y numismática. Madrid: Alianza.
- Freeland, C. (2003): Pero ¿esto es arte? Una Introducción a la teoría del arte. Madrid: Cátedra.
- Freixa, M., Carbonell, E., Furión, V., Vélez, P., Vila, F. e Yarza, J. (1991): Introducción a la Historia del Arte. Fundamentos teóricos y lenguajes artísticos. Barcelona: Barcanova.
- Furió, V. (2002): Sociología del arte. Madrid: Cátedra.
- Gombrich, E.H. (1997): La historia del arte. Madrid: Destino.
- González García, M.A. e outros (1990): Arte galega. Estado da cuestión. A Coruña: Consello da Cultura Galega.
- Patetta, L. (1997): Historia de la arquitectura (Antología crítica). Madrid: Celeste.
- Ramírez, J.A. (1976): Medios de masas e Historia del Arte. Madrid: Cátedra.
- Rodríguez Iglesias, F. (Ed.) (1993): Galicia Arte. Proxecto Galicia 7 vol. A Coruña: Hércules.
- Wittkower, R. (1987): La escultura, procesos y principios. Madrid: Alianza.