Introdución
Atención a la Historia del Arte compostelán dentro da realidade artística de Galicia e como vangarda en moitas ocasións da mesma
Obxectivos
- Estudio das manifestacións artísticas máis relevantes da arte compostelá.
- Relacionar as obras conservadas en Compostela coas de outros lugares e períodos.
- Utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas.
- Establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación.
Contidos
- Compostela na Idade Antiga... restos romanos
- El “Locus Santii Iacobi” Unha cidade nacida o amparo dunha tumba
- A Compostela do Românico: A catedral
- O Gótico: dende as parroquias ata as igrexas mendicantes (San Domingos de Bonaval)
- A Arte Renacentista: O Hostal dos Reis Catolicos
- A Compostela Barroca. Arquitectura e urbanismo
- A ampliación do perímetro urbano e as novas arquitecturas na Compostela contemporánea
Metodoloxía
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Ensino de ferramentas “on line” para afundir no coñecemento da materia e fomentar a exploración de recursos por parte do alumnado
- Prácticas de campo (saídas programadas de acordo cos alumnos fora da aula, praticamente a metade das horas da materia para experimentar “in situ” os monumentos)
Sistema de avaliación
Presencialidade e participación na aula: 50%
Cuestionario da materia ou Traballo individual: 50% (a elexir)
Bibliografía básica
Proporcionarase bibliografía específica para cada un dos apartados. Non existe un manual
Subiranse materiais de referencia á aula virtual
Traballaremos cos principais recursos “on line” sobre a Historia e Arte na cidade de Santiago para coñecer mais en profundidade o patrimonio