Introdución
Continuación da anterior, a materia propón unha segunda viaxe; unha nova labor retrospectiva de achegamento ao estudo da obra de arte, esta vez incardinada nos eixos cronolóxicos que se desenvolven dende o Renacemento até a actualidade. Os contidos aproximarán a aquelxs interesadxs unha panorámica destes cincocentos anos de creación artística; de evolución tipolóxica e estética, de voráxine de ideas e soportes, de valoración do artista e do silencio “da” artista, de de-construción da propia obra de arte e mesmo de performance; que proporcionarán unha segunda perspectiva ao increíbel mundo da Historia da Arte. Uns contidos que, ademais de contextualizar a realidade artística galega e a súa historia, abrirán as portas ao coñecemento da cosmovisión artística contemporánea e á análise crítica da obra de arte.
Obxectivos
- Introducir ao/á alumno/a na comprensión da creatividade artística.
- Aproximar o coñecemento das características e liñas básicas da produción artística, a súa función, o seu entorno cultural e a súa evolución dende o Renacemento, incardinando a obra de arte no contexto social, económico, político e ideolóxico na que foi creada.
- Achegar o estudo e a interpretación da teoría da arte e do pensamento estético atendendo aos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos e ideolóxicos que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas, e as linguaxes formais da arte.
- Achegar o coñecemento específico das fontes, tendencias, artistas e obras máis relevantes e representativas da Historia da Arte desde o Renacemento, en particular as do Occidente Europeo.
- Introducir ao alumnado na comprensión e manexo das diferentes linguaxes e terminoloxías artísticas a través da análise dos seus elementos fundamentais de expresión, incluíndo os medios de comunicación de masas e os novos soportes dixitais.
- Aproximar o coñecemento dos cambios na evolución da cosmovisión da arte ao longo da historia e a posición social do/a artista, así coma a súa relación co cliente e o mercado.
Competencias
- Capacidade para aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico aplicado ao análise e valoración de alternativas.
- Capacidade de análise crítica das diversas concepcións artísticas.
- Capacidade de relacionar e contextualizar as manifestacións artísticas, en especial a Arte Galega coa doutros lugares e en diferentes períodos históricos.
- Saber aplicar os coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte para interpretar e manexar gráficos, fotografías, imaxes en movemento, informática e materiais da obra de arte.
- Tomar contacto directo coas obras artísticas mediante visitas aos monumentos históricos, museos e exposicións que amosan ao público este tipo de obras.
- Capacidade de lectura do entorno a partir da análise, observación e dedución da información procedente das obras artísticas producidas ao longo da historia.
- Capacidade de análise e síntese a partir da información procedente dos diversos contidos da Historia da Arte.
- Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes e emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre aspectos da produción artística nas súas diferentes facetas.
- Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade da humanidade.
Contidos
- Un novo tempo. O modo renacentista.
- O Barroco, a teatralidade da arte.
- A arquitectura do fume. Das pallozas aos cotagges, dos pazos ás mansións inglesas.
- Manipulando a natureza. Do hábitat da Idade do Ferro ás experiencias das cidades xardíns.
- Do romanticismo ao realismo. Arte burguesa do século XIX.
- O modernismo. Fin de siècle?
- Arte con xénero feminino. Redescubrindo nomes e olladas asolagadas.
- Da escola de Chicago a Frank Gehry. A arquitectura norteamericana.
- Os -ismos. Do impresionismo ao expresionismo.
- As vangardas do século XX. Rachando moldes.
- Arte con denominación de orixe. O século XX en Galiza.
- Entre a ruína e a protección do patrimonio.
- Arquitectura, industria e deseño contemporáneo.
- Da fotografía á performance, os novos formatos da arte. As vangardas do século XXI.
- Entre o coleccionista e a economía da arte. Dos gabinetes de curiosidades ás Feiras de Arte Contemporánea.
Metodoloxía
De cara facilitar e favorecer a adquisición de coñecementos a materia impartirase do seguinte xeito:
- Exposición teórica. Aulas expositivas complementadas con información gráfica nas que se fará a explicación dos contidos teóricos da materia.
- Exposición a debate. Aulas interactivas ou participativas nas que xs alumnxs afrontarán actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Prácticas de campo. Saídas fóra da aula concordadas cos alumnos.
Sistema de avaliación
Participación e achega nas aulas aos debates 70 %.
Presentación de un traballo individual sobre algún dos aspectos da materia 20 %.
Asistencia e participación nas actividades extra-aulares, 10 %.
Bibliografía básica
- Alcina Franch, J. (1982): Arte y antropología. Madrid: Alianza.
- Belting, H. (2007): Antropología de la imagen. Buenos Aires: Katz.
- Borrás Guali, G. e outros (1988): Introducción general al Arte. Madrid: Istmo.
- Checa Cremades, F., García Felguera, M. S. e Morán Turina, M. (1987): Guía para el estudio de la Historia del Arte. Madrid: Cátedra (Cuadernos Arte).
- Eco, U. (1985): La definición del arte. Lo que hoy llamamos arte ¿ha sido y será siempre arte?. Barcelona: Martínez Roca.
- Faerna García-Bermejo, J. M. e Gómez Cedillo, A. (2000): Conceptos fundamentales del arte. Madrid: Alianza.
- Fatás, G. e Borrás, G. M. (1999): Diccionario de términos de arte y elementos de arqueología, heráldica y numismática. Madrid: Alianza.
- Freeland, C. (2003): Pero ¿esto es arte? Una Introducción a la teoría del arte. Madrid: Cátedra.
- Freixa, M., Carbonell, E., Furión, V., Vélez, P., Vila, F. e Yarza, J. (1991): Introducción a la Historia del Arte. Fundamentos teóricos y lenguajes artísticos. Barcelona: Barcanova (Temas Universitarios).
- Furió, V. (2002): Sociología del arte. Madrid: Cátedra.
- Gombrich, E. H. (1997): La historia del arte. Madrid: Destino.
- González García, M. A. e outros (1990): Arte galega. Estado da cuestión. A Coruña: Consello da Cultura Galega.
- Patetta, L. (1997): Historia de la arquitectura (Antología crítica). Madrid: Celeste.
- Ramírez, J. A. (1976): Medios de Masas e Historia del Arte. Madrid: Cátedra.
- Rodríguez Iglesias, F. (Ed) (1993): Galicia Arte. Proxecto Galicia 7 vol. A Coruña, Hércules Ediciones.
- Wittkower, R. (1987): La escultura, procesos y principios. Madrid: Alianza.