Introdución
A cidade de Lugo ten máis de 2.000 anos de historia, polo xeral descoñecida debido a que foron poucos os que se ocuparon do seu estudo. Desde o ano 1986 as escavacións arqueolóxicas e o estudo dos materiais atopados supuxeron un avance no coñecemento da etapa romana. O mesmo se pode dicir dos períodos medieval, moderno e contemporáneo, dos que xa hai algúns estudos, e que coa investigación persoal levada a cabo nos últimos 50 anos, permiten desenvolver un temario que facilite aos alumnos unha visión global da historia dunha cidade bimilenaria que conserva un rico patrimonio histórico e artístico.
As clases teóricas son complementadas coas visitas aos cinco centros de interpretación do mundo romano, o centro de interpretación do Camiño Primitivo, o Museo Provincial e a propia cidade.
Obxectivos
- Adquirir unha visión global da historia da cidade.
- Comprender que a evolución urbana é consecuencia de procesos sociais, económicos e históricos que tiveron lugar en etapas anteriores.
- Valorar e apreciar a trama urbana do recinto histórico e a importancia dos monumentos da cidade para conservalos para o futuro como un legado do pasado.
- Conseguir un coñecemento mínimo dos monumentos da cidade desde o punto de vista histórico e artístico.
Contidos
O LUGO ROMANO
- Comentario do contido do programa. Como se elabora a historia. Fontes documentais e bibliográficas relacionadas coa cidade.
- A orixe do Lugo romano. Urbanismo e sociedade. Proceso de latinización.
- Relixión. Ritos cultuais e crenzas. Os baños.
- A muralla. Hipóteses sobre a súa necesidade. Visión xeral do monumento. A súa utilidade ao longo da historia.
A CIDADE MEDIEVAL
- A cidade na Alta Idade Media. As repoboacións. O señorío episcopal.
- A cidade na Baixa Idade Media. Urbanismo. Onomástica e toponimia urbana.
- Sociedade e economía da cidade na época medieval. A feira e os mercados. Os artesáns.
- Os convento de San Domingos, San Francisco e Santa María A Nova.Fundación, construción e protectores.
- As igrexas medievais: Santa María, O Salvador, San Xoán, San Pedro, Santiago, e San Marcos,
- As capelas medievais: Ánimas, San Román, Virxe do Camiño, San Pedro de Fóra, San Sebastián e San Roque.
- O Camiño Primitivo na cidade. Os hospitais e albergarías de Santa Catarina, San Bartolomeu, Santa María do Campo e San Miguel. A Ponte de Lugo.
A CIDADE NA ÉPOCA MODERNA
- As cortiñas de San Román foro da cidade medieval e moderna. Edificios e cambios urbanos nos séculos XVI ao XVIII.
- O goberno da cidade no Antigo Réxime. Composición do rexemento. A elección dos alcaldes.
- As casas consistoriais. Función, situación, construción e reformas. A Tulla da Misericordia.
- Hipóteses sobre a orixe do escudo da cidade. Evolución.
- A fundación do convento das Agostiñas. As casas dos condes de Lemos. A igrexa. Domingo Antonio de Andrade e a súa relación co convento.
- Lugo, cidade do Sacramento. Orixe e consolidación do culto eucarístico. Fundación dos doce capeláns. A Ofrenda do Reino de Galicia. A festa de Corpus.
- Os patróns da cidade e do concello. San Froilán, a Virxe dos Ollos Grandes e a Virxe do Rosario. A función do voto a San Roque.
- A festa barroca. As corridas de touros. As proclamacións reais. A pompa funeral.
- Os gremios e a súa función. As danzas. Os gremios de Santa Catarina, San Roque, San Xosé e o Neno, San Antonio e a Inmaculada Concepción.
- O Hospital de Inhábiles. Os cuarteis.
- A ponte propiedade dos bispos. O dereito de pontaxe. Os arranxos.
- Lugo cidade de paso. Viaxeiros ilustres: diplomáticos, príncipes e reis.
- O papel de Lugo na independencia de Estados Unidos. Os prisioneiros de guerra. Estancia de John Adams e John Quincy Adams.
- A subministración da auga. Pozo, fontes o e acueduto do bispo frei Francisco Izquierdo.
Metodoloxía
Exposición teórica complementada con información gráfica e visitas, e participación dos alumnos formulando preguntas para resolver dúbidas o inquirir información sobre cuestión relacionadas co tema en particular ou coa materia.
Sistema de avaliación
Valorarase a actitude do alumno no tocante ao seu interese polos temas tratados, e a súa competencia neles, así como a asistencia as clases teóricas e prácticas.
Bibliografía básica
AA. VV. (2022): A Domus do Mitreo. Santiago de Compostela: USC.
AA. VV. (2002): A Muralla de Lugo. Patrimonio da Humanidade. [Adolfo de Abel Vilela, Felipe Arias Vilas, Enrique Alcrorta Irastroza, Covadonga Carreño Gascón e José Ignacio López de Rego-Uriarte] Vigo: A Nosa Terra. 2002.
ABEL VILELA, Adolfo de (2011): A muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX. Lugo: Deputación Provincial.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009). Guía da Catedral de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009): La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y Sociedad. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009): Guía de Lugo. Santiago de Compostela.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009): A fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
ABEL VILELA, Adolfo de (1999): Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
ABEL VILELA, Adolfo de (1999): Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
ARIAS VILAS, Felipe; NOVO CAZÓN, José Luís; BURGO LÓPEZ, Concepción; SOUTO BLANCO, María Jesús (2001). Historia de Lugo. A Coruña: Ed. Vía Láctea.
CALO LOURIDO, Francisco (2023): A Historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX. Vigo: Xerais. 2023.
MURADO LÓPEZ, Miguel Anxo (2023): La invención del pasado: verdad y ficción en la Historia de España. Barcelona: Debate.
RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio (2011): Lvcvs Avgvsti. A cidade romano-xermánica da fisterra ibérica. Xénese e evolución histórica (14 a. C.-711 d. C.). Lugo: Concello de Lugo.