Ir o contido principal

Historia da Cultura de Galicia

Coordinador da USC: Anxo Rodríguez Lemos

N.º de créditos:3


Introdución

A presente materia tratará de achegar ao alumnado aos acontecementos máis salientables da Historia de Galicia, dende a primeira pegada que se coñece do ser humano ata os nosos días. Para iso, atenderase a unha presentación das grandes etapas nas que se divide a Prehistoria e a Historia de Galicia para, posteriormente, coñecer máis polo miúdo algún dos temas máis singulares, controvertidos e novidosos do noso pasado.

Obxectivos

  • Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia de Galicia
  • Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia de Galicia
  • Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica

Competencia

  • Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Galicia, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
  • Capacitar ao alumno/a para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
  • Potenciar a autonomía do alumno/a mediante unha Metodoloxía de aprendizaxe onde, semanalmente, se facilitarán os contidos da clase inmediata (con antelación) para o repaso previo do alumnado

Contidos

A materia estrutúrase en tres grandes bloques. Un primeiro de 5 temas onde se fará en percorrido cronolóxico pola Historia de Galicia:

0. Presentación da materia

1. Prehistoria

2. Historia Antiga

3. Historia Medieval

4. Historia Moderna

5. Historia Contemporánea

Un segundo bloque onde se atenderá a dous aspectos fundamentais da Historia da cidade de Santiago de Compostela:

6. Historia urbana de Santiago de Compostela: roteiro pola cidade medieval e moderna

Un terceiro bloque de catro temas, a escoller, onde se tratarán contidos transversais a tódalas etapas históricas vistas anteriormente:

7. Construír a nosa historia: soportes e instrumentos de escritura.

8. Os traballos das mulleres

9. A educación e a alfabetización

10. Relixiosidade nos santuarios postridentinos de Galicia a través dos exvotos.

12. Exame/ proba de avaliación.

Metodoloxía

Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico  a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...

O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.

Nas saídas programadas haberá a posibilidade de realizar algún traballo relacionado coa visita, sempre con carácter formativo; isto é, ou bibliográfico ou de profundización nalgún contido específico.

Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.

Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos arredor dun tema a partir dun formulario breve, de 3 preguntas, formulado polo profesor de cara a súa entrega na clase seguinte. Isto último, insistimos, soamente con carácter voluntario para aqueles interesados en avaliar semanalmente a súa aprendizaxe.

Sistema de avaliación

Na avaliación final teráse en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (30%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (40%) e un exame final ou proba tipo test (30%).

Bibliografía básica

Para o Bloque I:

AA. VV. (1982): Historia del arte gallego, Madrid: Alhambra.

AA. VV. (1995-1996): Historia de Galicia, A Coruña: Vía Láctea Editorial. 5 vol.

BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R. (Coords.) (2007): A Gran Historia de Galicia, A Coruña: Arrecife. 32 vol.

BERAMENDI, X. (2007): De provincia a nación: Historia do galeguismo político, Vigo: Xerais.

DE JUANA, J. e PRADA, J. (Coords.) (2005): Historia contemporánea de Galicia: Barcelona: Ariel.

DUBERT, I., (Coord.) (2012): Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

DUBERT, I., (Coord.) (2016): Historia das Historias de Galicia, Vigo: Xerais.

REY CASTELAO, O., (1998): A Galicia clásica e barroca, Vigo: Galaxia.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Dir.) (1993): Galicia. Arte, A Coruña: Hércules. 7 vol.

VILLARES, R., (2004): Historia de Galicia, Vigo: Galaxia.

Para os Bloques II e III:

BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (Dir.) (2000-2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, USC - Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

CASTRO DÍAZ, B., e LÓPEZ-MAYÁN, M. (Coords.) (2012): Historia de Santiago de Compostela, A Coruña: Vía Láctea Editorial.

CASTRO, X. (2007): Historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX. Vigo: Nigratrea.

CASTRO, X.(2010). A Rosa do viño: cultura do viño en Galicia. Vigo: Galaxia.

CASTRO, X. (2010). Yantares gallegos: Historia da dieta atlántica. Santiago de Compostela: USC-Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

CASTRO REDONDO, R., (2016): Entre colmos, rebolas e dobres varas de medir. Conflitos por medidas na Galicia moderna (séculos XVI-XIX), Valga: Concello de Valga.

COSTA RICO, A., (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo. Vigo: Xerais.

DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1997): De Santiago y de los caminos de Santiago: Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Comunicación Social, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R., (2000): Lecturas de Nós. Introdución á literatura galega. Vigo: Xerais.

HERNÁNDEZ BORGE, J. e GONZÁLEZ LOPO, D. L. (Coords.) (2007): Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

LÓPEZ-MAYÁN, M. (2011): A Igrexa na Galicia Medieval. Santiago de Compostela: Lóstrego.

NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930). Vigo: Xerais.

REY CASTELAO, O. (2006): Los mitos del Apóstol Santiago, Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago-Nigratrea.

CASTRO, X. (2003). Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

REY CASTELAO, O. (Coord.) (2010-2011): Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela-Vigo: Xunta de Galicia-Nigratrea. 4 vol.

RODRÍGUEZ CORRAL, J., (2009): A Galicia castrexa. Santiago de Compostela: Lóstrego.

SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., (1994): La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen. Barcelona: Crítica.

SIXTO BARCIA, A. M. (2017): Cultura letrada e alfabetización no Baixo Ulla: (séculos XVIII-XIX). Valga: Ed. Concello de Valga.

SUÁREZ PIÑEIRO, A., (2008): Así era la vida en la Galicia romana, Santiago de Compostela: Lóstrego.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2023.