Introdución
A informática converteuse nunha ferramenta de uso cotián, pero a maioría das persoas que a utilizan descoñecen os conceptos sinxelos nos que se basea, debido fundamentalmente a que é unha disciplina cunha difícil xerga asociada. Neste curso tentamos desmitificar esa complexidade realizando un repaso polos fundamentos, con afán divulgativo e pensando no usuario. Dándolle a información xusta e necesaria para que sexa capaz de interpretar como funcionan as cousas e pechar a brecha dixital inter-xeracional.
Obxectivos
- Introducir ó alumno no manexo dos ordenadores e as novas tecnoloxías
- Capacitar ó alumno no emprego de ferramentas informáticas de uso común
Competencia
- Ser capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece a informática na súa vida cotiá.
- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información.
- Traballo en grupo.
Contidos
Bloque I: Sistema Operativo
- Compoñentes básicos dun ordenador
- Familiarización co Escritorio.
- Utilidades do sistema (capturas pantalla, calculadoras, …).
- Localización de programas e a súa execución.
Bloque II: Arquivos e cartafoles
- Como organizar a información: xestión de arquivos e cartafoles.
- Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos
Bloque III: Internet
- Introdución a Internet.
- Os navegadores.
- Correo electrónico.
- Almacenamento de información na nube
Bloque IV: Ofimática básica
- Edición de textos con Word:
- Entorno e configuración básica
- Instrumentos básicos de traballo: Selección, copia-pega, búsqueda, etc.
- Formatados: parágrafos, aliñamentos, espazamentos
- Configuración de páxina e saída a impresión.
- inserción de imaxes e creación de táboas sinxelas.
- Folla de cálculo Excel:
- O entorno e configuración básica.
- Operacións básicas sobre unha folla de cálculo.
- Inserción e manipulación de datos.
- Gráficos básicos
- Presentacións co Powerpoint:
- O entorno e configuración básica.
- Construción dunha diapositiva
- Creación de presentacións con texto e imaxes.
- Manexo de deseños preconfigurados.
Metodoloxía
- Exposición de contidos teórica mediante medios audiovisuais
- Docencia práctica baseada en pequenos proxectos
- Exposición oral en grupo dos proxectos realizados
Sistema de avaliación
- Asistencia e participación nas clases (obrigatoria)
- Realización dun proxectos por cada tema
- Desenvolvemento das tarefas na clase
Bibliografía básica on-line
- Curso de Informática- pedroreina.net.
- Guía de windows 10
- Manual de Windows 10
- Manual de Office 365