Introdución
O principal obxectivo da materia é proporcionar coñecementos básicos sobre a estrutura e a función do corpo humano, e as relacións destas coa enfermidade. A través deste coñecemento é posible acadar un mellor entendemento dos beneficios que proporcionan ao noso organismo os hábitos saudables e mellorar a nosa capacidade de previr algunhas enfermidades
Obxectivos
- Coñecer o funcionamento do corpo humano.
- Comprender os beneficios das recomendacións básicas sobre saúde.
Contidos
Organización do corpo humano. Niveis de organización
Nivel molecular: As moléculas de la vida. Proteínas, lípidos e hidratos de carbono. Ácidos nucleicos. Outras moléculas.
Nivel celular. Características xenerais das células humanas. Principios básicos de fisioloxía celular. Membrana plasmática e estruturas asociadas. O citoplasma e os seus orgánulos. Respiración e metabolismo celular. O núcleo celular. Principios básicos de xenética.
Nivel tisular. Tipos de tecidos. Tecido nervioso. Tecido muscular. Tecido epitelial. Tecido conxuntivo.
Sistemas de mantemento do corpo humano
Sangue e linfa. Características xenerais do sangre. Células hemáticas e grupos sanguíneos. Hemostase. Características xerais la linfa.
Sistema inmunutario. Tipos de inmunidade. Inmunidade innata. Inmunidade adaptativa. Vacinas.
Sistema cardiovascular. Introdución á fisioloxía cardíaca. O ciclo cardíaco. Sistema vascular: características xenerais de arterias veas e capilares. Principios xenerais da hemostasia. A circulación sanguínea. Regulación de la presión arterial. O sistema linfático
Sistema inmune. Concepto de inmunidade. Tipos de inmunidade. Elementos e células do sistema inmune Inmunidade innata. Inmunidade adquirida.
Aparato respiratorio. Estrutura do aparato respiratorio. Funcións das fosas nasais e da larinxe. Ventilación pulmonar e intercambio de gases nos pulmóns. Control da respiración. Tipos de respiración. Respiración e fonación.
Aparato dixestivo. Fisioloxía da boca: funcións dos dentes, glándulas salivares e lingua. Mastigación e deglutición. Fisioloxía do esófago e dos esfínteres esofáxicos. Fisioloxía do estómago. Fisioloxía do duodeno. Fisioloxía do páncreas, fígado e sistema biliar. Fisioloxía do intestino delgado: secreción, dixestión e absorción. Fisioloxía do intestino groso. Microbiota intestinal.
Sistema xenitourinario. Principios básicos de la función renal. Transporte, almacenamento e eliminación da urina.
Sistemas de soporte e movemento
Sistema esquelético. Estrutura dos osos. Tipos de oso. A remodelación do oso.
Sistema articular. Tipos de articulacións. Estudio do movemento das articulacións sinoviais.
Sistema muscular. Introdución á fisioloxía muscular: a contracción muscular. Tipos de contracción muscular. Metabolismo muscular.
Sistemas de regulación do corpo humano
Sistema nervioso I. Organización xeneral do sistema nervioso. Sistema sensorial. Sistema motor e control do movemento.
Sistema nervioso II: Sistema límbico. Sistema nervioso autónomo. Funcións superiores do sistema nervioso.
Sistema nervioso III: Os sentidos especiais: vista, gusto, olfacto, oído e equilibrio.
Sistema endócrino. Hormonas hipofisarias. Regulación do crecemento corporal. Hormonas tiroides. Hormonas pancreáticas. Funcións da insulina. Hormonas da glándula suprarrenal. Regulación do balance do calcio e do fósforo. Hormonas sexuais. Introdución ao estudio del metabolismo corporal: balance enerxético e peso corporal. Mecanismos de regulación de la inxesta de alimentos y del peso corporal.
O desenvolvemento do humano.
Desenvolvemento prenatal. Desenvolvemento posnatal. Infancia e adolescencia. Envellecemento. Fisioloxía da menopausa.
Metodoloxía
Leccións maxistrais.
Sistema de avaliación
Avaliación continua mediante exames tipo test. Realizarase un exame para cada unha das partes da materia, excepto a introdución. A nota final será o resultado da media aritmética de cada unha das cualificacións parciais.
Bibliografía básica
Tresguerres, J.A.F. (2021): Tratado de Fisiología Humana. Madrid: Mc Graw-Hill.