Ir o contido principal

Introdución ao Patrimonio Cultural

Docente externo: Roque Lazcano Vázquez

N.º de créditos: 3

Introdución

Esta materia pretende proporcionar ao alumnado unha panorámica xeral e actualizada do patrimonio cultural español prestando especial atención ao desenvolto en Galicia. Dada a amplitude e variedade dos obxectos, técnicas, costumes, espectáculos, símbolos, sistemas de ideas, etc., que caen baixo a etiqueta de «cultura», centrarémonos naqueles que teñan unha especial significación histórica ou artística, ben por caracterizar un determinado período histórico, ben por estar entre os mellores expoñentes dun determinado xénero ou corrente artística, ben polo seu influxo nas dinámicas universais, ou ben pola súa especificidade idiosincrática e orixinalidade. Con todo, o repertorio patrimonial que abordaremos non se limitará exclusivamente aos monumentos tal e como os entenden as listas de Patrimonio da Humanidade da UNESCO, senón que intentaremos ver o legado cultural na súa diversidade e complexidade, descubrindo algúns dos autores e producións ( musicais, literarias, doutrinais, etc.) máis descoñecidas na actualidade, pese ao seu valor estético, a importancia que tiveron no seu momento ou a fonda pegada que deixaron na cultura do presente. A secuencia dos temas será diacrónica, cronolóxica, comezando polos primeiros vestixios de culturas homínidas na rexión ata chegar á profusión técnica dos séculos máis recentes, constatando as variedades tipolóxicas, ideas e xéneros artísticos que xorden, se desenvolven e desaparecen nos distintos períodos. Conxuntamente coa perspectiva diacrónica tentarase ofrecer unha perspectiva sincrónica que insira os elementos culturais tratados no seu contexto universal, para así acadar, na medida do posible, unha comprensión da súa xénese, difusión e importancia relativa.

Obxectivos

  • Coñecer os principais elementos culturais que caracterizan cada período histórico.
  • Descubrir o legado artístico español e galego máis significativo e descoñecido.
  • Coñecer os soportes nos que cada tipo de patrimonio se transmite e conserva, así como as institucións e lugares encargados da súa protección e disposición pública.
  • Constatar tanto a diversidade como a semellanza cultural existente entre rexións.
  • Interpretar os elementos culturais dende unha perspectiva crítica e histórica.
  • Plantexar a necesidade de coñecer, divulgar e reivindicar algúns dos elementos culturais herdados máis relevantes e esquecidos.

Contidos

Bloque I. Cuestións preambulares

  • Análise crítica dos conceptos de Cultura e Patrimonio.
  • As diferentes listas da UNESCO.
  • Breve historia da protección do patrimonio cultural en España.
  • Principais institucións e leis protectoras e conservadores.
  • Cronoloxía e estratificación temporal do patrimonio.
  • Xeografía e circunscrición espacial do patrimonio.
  • Reseña xeral do lugar do patrimonio cultural galego e español dentro do conxunto universal: principais fitos, aportacións e influencias.

Bloque II. Patrimonio prehistórico. Vestixios dos primeiros poboadores

  • Preámbulo sobre o patrimonio xeolóxico: a formación do territorio
    • Principais fitos do Proterozoico / Paleozoico / Mesozoico / Cenozoico
  • Paleolítico inferior: vestixios de Homo heidelbergensis na costa lucense
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos / útiles
  • Paleolítico medio: mamuts e neandertais nunha contorna conxelada
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos / útiles
  • Paleolítico superior: os cromañóns e as primeiras representacións artísticas
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos
    • Pinturas parietais / esculturas / obxectos relevantes
    • Epipaleolítico-Mesolítico: hábitat da “pastora Elba”
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos / obxectos relevantes
    • Neolítico: primeiras transformacións significativas do territorio
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos / obxectos relevantes
    • Primeiros monumentos megalíticos
    • Calcolítico: As migracións indoeuropeas e a súa pegada etnolingüística
    • Contexto e principais vestixios por continente / restos homínidos / obxectos relevantes / Arquitectura / Escultura
    • Bronce antigo:
    • Contexto e principais vestixios por continente / obxectos relevantes / Arquitectura / Escultura
    • Bronce final: primeiros contactos por mar co Noroeste peninsular
    • Contexto e principais vestixios por continente / obxectos relevantes / Arquitectura / Escultura / Petróglifos

Bloque III. Patrimonio antigo. Dos castros á conquista musulmá da Península Ibérica

  • Introdución. Primeiras noticias e mitos sobre os habitantes e topónimos da Península Ibérica. Sobre a orixe dos nomes de España e Galicia.
  • Idade do Ferro I: As orixes da cultura castrexa
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Plástica / Obxectos relevantes
  • Idade do Ferro II: Evolución da cultura castrexa
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Plástica / Obxectos relevantes
  • A romanización da Península: a constitución da Gallaecia e o conventus lucensis
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Literatura / Obxectos relevantes
  • O Baixo Imperio e a cristianización
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Literatura / Obxectos relevantes
  • Os reinos xermánicos: o legado suevo e visigodo
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Literatura / Obxectos relevantes

Bloque IV. Patrimonio medieval

  • Alta Idade Media
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura / Obxectos relevantes
    • O legado cultural andalusí
  • Idade Media Plena
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura / Obxectos relevantes
    • O camiño de Santiago e o Códice Calixtino
    • O legado cultural de Alfonso X
  • Baixa Idade Media
    • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura / Obxectos relevantes

Bloque V. Período 1475-1700

  • Descubrimentos ultramarinos e cambio da imaxe do mundo
  • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura
  • O legado hispanoamericano

Bloque VI. Período 1700-1840

  • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura

Bloque VII. Período 1840-1945

  • Novas técnicas e producións culturais: fotografía e cine.
  • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura.

Bloque VIII. Período 1945-actualidade

  • Novas técnicas e producións culturais: electrónica, deseño virtual, intelixencia artificial.
  • Contexto e principais monumentos por continente / Arquitectura / Pintura / Escultura / Música / Literatura / Cine.

Metodoloxía

Os contidos desenvolverase mediante clases expositivas nas que se valorará a participación do alumnado con preguntas, comentarios, etc. O principal apoio tecnolóxico serán imaxes de PowerPoint que ilustren os contidos, xunto con vídeos-documentais, musicais e reconstrucións virtuais cando a materia o requira. En caso de dispor de financiamento, organizarase unha visita a algún lugar próximo con patrimonio cultural in situ.

Sistema de avaliación

O Sistema de avaliación será continuo ao longo do curso, valorando a asistencia e participación nas sesións. En principio non se realizarán exames ou probas de ningún tipo. Con carácter opcional, o alumnado ten a posibilidade de facer un traballo individual que afonde nalgún dos contidos da materia para acadar a máxima nota.

Bibliografía básica

Para cada apartado indicarase unha bibliografía de referencia, así como documentais e páxinas especializadas para ampliar. Con carácter provisorio e xeral, estas son algunhas das obras que seguiremos:

  • López Trujillo, Miguel Ángel (2006):, Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Gijón: Trea.
  • Criado-Boado, Felipe et al. (Ed.) (2016): Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo, Xerais-Incipit (CSIC).
  • Rodríguez Iglesias, Francisco (Ed.) (1993): «Proyecto Galicia». Tomos IX-XVI. A Coruña: Hércules Ediciones.
  • Gómez Muntané et al. (2009-2018): Historia de la música en España e Hispanoamérica. 8 vol. México: Fondo de Cultura Económica.
  • González Ruibal, Alfredo (2006-2007): «Galaicos. Poder y comunidad en el Noroeste de la Península Ibérica (1200 a.C.—50 d.C.)», Brigantium, 18.
  • Rodríguez Colmenero, Antonio (2011): Lucus Augusti : a cidade romano-xermánica da Fisterra Ibérica, xenése e evolución histórica (14 a. C.- 711d. C.). Lugo: Servizo Municipal de Arqueoloxía.
  • Salvador Martínez, H. (2016): El humanismo medieval y Alfonso X el Sabio. Madrid: Polifemo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2023.