Ir o contido principal

Literatura Galega Contemporánea

Docente externo: Ánxela Rodríguez Rodríguez

N.º de créditos: 3




Introdución

Na materia “Literatura Galega Contemporánea” estudaranse os autores e autoras que publicaron en lingua galega a súa produción nos tres xéneros canónicos (narrativa, poesía e teatro) desde 1975 ata a actualidade. Contextualizaranse os autores e autoras máis recoñecidos pola crítica e o público e precisaranse os trazos definitorios da súa escrita e das súas obras máis destacadas, que se constatan nos fragmentos textuais seleccionados para a súa lectura e comentario na aula.

Obxectivos

Practicar a fala e a escrita en lingua galega(valorarase o contido e non se rebaixará a puntuación por descoñecer a normativa vixente).

  • Reforzar e ampliar os coñecementos do alumnado sobre a Literatura Galega Contemporánea (a publicada desde a posguerra á actualidade).
  • Seleccionar os autores e autoras e obras máis representativos desde a posguerra á actualidade.
  • Identificar as características definitorias de cada autor  e autora estudados e de cada obra salientada.
  • Dialogar criticamente sobre autores e autoras e obras que o alumnado aínda non lera.

Competencia

  • Mellorar as habilidades comunicativas en lingua galega, tanto na fala coma na escrita.
  • Rememorar os coñecementos previos sobre a Literatura Galega Contemporánea.
  • Reforzar a capacidade de síntese do alumnado á hora de analizar e investigar, na breve proba escrita final da materia, dos contidos recibidos na aula.
  • Analizar o máis sorprendente e o menos relevante na historia da obra ou obras que elixirán, con total liberdade, entre as publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego entre 1975 e a actualidade.
  • Condensar de forma clara e reflexiva nun traballo escrito (a modo de análise comparativa dos aspectos que considere relevantes o alumnado), tras a lectura dunha obra ou obras que elixirá, con total liberdade, entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde a 1975 á actualidade.

Contidos

A Literatura Galega desde 1975 á actualidade

  1. Contexto sociohistórico.
  2. Narrativa.
  • A xeración de 1975 Víctor Freixanes, Carlos Casares, Paco Martín, Marina Mayoral, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Carlos G. Reigosa, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Ramón Caride, Manuel Rivas.
  • A narrativa dos anos 80: Suso de Toro, Manuel Rivas.
  • A narrativa dos anos 90.
  • A narrativa galega actual.
  • A Literatura Infantil e Xuvenil.
  1. Poesía.
  • A poesía dos anos 80
  • A poesía dos anos 90
  • A poesía galega actual
  1. Teatro:
  • Breve panorámica de autores e autoras e obras: Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Xavier Lama, Raúl Dans e Quico Cadaval.

Metodoloxía

Abordarase a Literatura Galega Contemporánea desde un enfoque comparativo, no que se incidirá no contexto sociopolítico e cultural que condiciona a cada autor e que inflúe na súa obra literaria, e na análise filolóxica e crítica do autor e da súa produción literaria. Ademais, se é factible, realizaranse clases prácticas (en fundacións de autores, por exemplo, a Fundación Carlos Casares, para coñecer de primeira man a súa biobliografía, as súas obras de consulta e os seus referentes, entre outros aspectos) e saídas (se o alumnado ten dispoñibilidade para asistir) a fundacións de autores destacados (abordados no programa da materia ou outros autores pertencentes ás mesmas unidades xeracionais ou que sigan as liñas estilísticas abertas polos autores máis recoñecidos pola crítica e polo lectorado); a exposicións sobre autores e/ou as súas obras, a representacións teatrais, pictóricas, fotográficas ou outra manifestación artística que versen sobre autores en lingua galega; a presentacións de libros; a conferencias e/ou a cursos  sobre autores, temas ou obras tratadas por autores recoñecidos en lingua galega, entre outras posibles actividades que se celebren durante o segundo trimestre. Se non fose posible realizar estas prácticas en horario lectivo, ofrecerase información ao alumnado para que poda realizalas no seu tempo de lecer.

Sistema de avaliación

Para aprobar a materia “Literatura Galega Contemporánea” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas.O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas. As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico). O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito. A nota final (100%) será a suma dos seguintes parámetros:

  • a participación activa na aula (un 30% para a nota final),
  • unha proba escrita (pode sumar un 30% para a nota final) na que o alumnado demostrará ter comprendido os contidos explicados na aula.
  • a lectura dunha obra ou dalgún capítulo de obras publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en castelán dos séculos XX e XXI, valorando que aspectos lle sorprenderon gratamente do libro e cales lle resultaron pouco relevantes. Ou a elaboración dun traballo escrito sobre algún tema proposto ou traballado na aula ou sobre algún libro suporá o 30% restante.
  • O alumnado debe entregarme unha copia en papel do seu traballo. Extensión máxima do traballo: 5 folios, Interliñado 1,5 cm, Letra Arial, 12 puntos, xustificado (se se realiza cun programa informático) ou 5 folios a man, con caligrafía lexible.

     

  • Bibliografía básica

    Bibliografía primaria das edicións que posúen un estudo crítico das obras que se analizarán con maior atención na aula.

    E así mesmo, as seguintes historias e dicionarios da literatura:

    • Fernández del Riego, Francisco (1995): Historia da Literatura. Vigo: Editorial Galaxia.
    • GLIFO (1998): Diccionario de termos literarios (a-d). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI[Consulta: 2 abril 2022].
    • GLIFO (2003): Diccionario de termos literarios (e-h). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI[Consulta: 2 abril 2022].
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (1996): A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e intercambio científico. Teses en microficha. N.º 578.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2002a): “La Literatura Infantil y Juvenil en Galicia”/“A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia”, en Darío Villanueva Prieto e Anxo Tarrío Varela (Coords.): La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción. A Coruña: Hércules Ediciones. Vol. XXXIV, cap. 8, 382-501.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2005): “Literatura infantil e xuvenil en Galicia: dos inicios á consolidación”, en Gemma Lluch e Blanca-Ana Roig Rechou: Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Boletín Galego de Literatura. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, n.º 32 (2º semestre 2004), 141-167, http://hdl.handle.net/10347/2056 [Consulta: 2 abril 2022].
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (2015): Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    • Tarrío Varela, Anxo (1994): Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    • Tarrío Varela, Anxo (Coord.) (2000): Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones.
    • Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995): Dicionario da Literatura Galega I. Autores.Vigo: Editorial Galaxia.
    • Vilavedra, Dolores (Coord.) (1997): Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia.
    • Vilavedra, Dolores (Coord.) (2003). Diccionario da literatura galega III. Obras. Vigo: Editorial Galaxia.
    • Vilavedra, Dolores (Coord.) (2004): Diccionario da literatura galega IV. Termos e institucións literarias. Vigo: Editorial Galaxia.

    Bibliografía secundaria

    • Agra [Pardiñas], María Jesús, Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig (2010). “Texto-imagen: A lingua das bolboretas de Manuel Rivas”, en Susana Pérez Pico y Manuel A. Candelas Colodrón: Diálogos intertextuales 4: Discursos (audio)visuales para un receptor infantil y juvenil. Estudios de literatura infantil y juvenil: medios audiovisuales. Frankfurt am Main: Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften. [15]-23.
    • Fernández Vázquez, Mar (2017a): “O mundo eclesiástico na obra casariana”, en Armando Requeixo (Ed.): Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 11 marzo 2017, 789 pp. (ISBN: 978-84-453-5251-9), pp. 337-346.
    • Fernández Vázquez, Mar (2017b): “De letras: Carlos Casares”, en Mar Fernández-Vázquez (Coord.): De letras e de imaxes nas aulas de Primaria, ilust. da capa Francisco Javier Cabo Villaverde, A Coruña/Santiago de Compostela: Hércules de Ediciones/ Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, col. Bibliodidáctica, n.º 2, “Educación literaria”, 2018, 237 pp. (ISBN: 978-84-949176-3-9), pp. 33-50.
    • Figueroa, Antón (2001): Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    • González-Millán, X. (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: EdiciónsXerais de Galicia.
    • López Sández, María (2008).: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. VII Premio Ramón Piñeiro. Vigo: Editorial Galaxia.
    • Lourenzo, Manuel e Francisco Pillado Mayor (1979): O teatro galego. A Coruña: Ediciós do Castro.
    • Nogueira Pereira, María Xesús (2005): Estratexias narrativas na obra de Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Tese de doutoramento.
    • Nogueira Pereira, María Xesús (2009): Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro. Santa Comba: TresCtres Editores.
    • Rodríguez, Francisco, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Salinas Portugal, Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo e Xosé María Dobarro Paz (1985): A nosa literatura: unha interpretación para hoxe (II). A Coruña: Edicións Xistral.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (1996-2019): Informe de Literatura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (CD-ROM ewww.cirp.es/rec2/informes/) [Consulta: 2 abril 2022].
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2002b): “Literatura infantil e xuvenil. Carlos Casares in memoriam(1942-2002)”, en Revista Galega do Ensino, “O pracer de ler”, nº 35 (maio 2002), 235-243.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2004a): “O contexto”. En Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Versión e dirección de José Caldas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/IGAEM, col. Centro Dramático Galego, n.º 33, 38-105.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2008a): La Literatura Infantil y Juvenil Gallega en el siglo XXI. Seis llaves para entenderla mejor/ A Literatura Infantil e Xuvenil Galega no século XXI. Seis chaves para entendela mellor. Madrid/Santiago de Compostela: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil/Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte).
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2008b): “Memorias dun neno labregoy la obra de Xosé Neira Vilas”. En Ana Pelegrín, Mª Victoria Sotomayor, Alberto Urdiales (Eds.): Pequeña memoria recobrada. Libros infantiles del exilio del 39. Madrid: Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (Secretaría General Técnica. Subdirección General de Información y Publicaciones), 155-167.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2009): "La aportación decisiva de Carlos Casares a la Literatura Infantil y Juvenil”, en Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (AILIJ), n.º 7 (2), 117-137.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana (2010). “Uxío Novoneyra: identidade e soños", en Anxo Tarrío Varela (ed.): Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 83-97.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana e Mar Fernández Vázquez (2017): “Carlos Casares, un clásico contemporáneo da LIX galega”, en Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais (Eds.): Homenaxe a Carlos Casares. De amicitia, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, col. Cadernos Ramón Piñeiro (Cadernos galegos de pensamento e cultura), vol. XXXVII, maio 2017, 534 pp. (ISBN: 978-84-453-5258-8), pp. 391-405.
    • Roig Rechou, Blanca-Ana e Isabel Soto López (2013). “Os premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil galega”. En Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (Coord.): Premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil. Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia / LIJMI, 153-176.
    • Tarrío Varela, Anxo (1989): Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo: Editorial Galaxia/ (2014). Álvaro Cunqueiro y los disfraces de la melancolía, Porto: Tropelias&Companhia. 2ª ed. revisada, ampliada e actualizada.
    • Tarrío Varela, Anxo (2003): “A obra narrativa de Carlos Casares”. Revista galega do ensino, 38: 115-145.
    • Tarrío Varela, Anxo (2007): “Espazos culturais e literatura na Galicia contemporánea”. Boletín Galego de Literatura, 36-37 (2º semestre 2006/1º semestre 2007), “Estudos/Studies”, 169-198.
  • Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2023.