Ir o contido principal

Medicamentos

Docentes da USC: Carmen Álvarez Lorenzo e Ángel Concheiro

Nº de créditos: 3

Introdución

Na actualidade, o uso de medicamentos é un feito xeneralizado, especialmente entre as persoas de idade superior a 50 anos. Por iso, encerra unha indubidable interese que estas persoas dispoñan da información necesaria para a súa correcta utilización.

Obxectivos

  • Presentar unha visión xeral do medicamento.
  • Dar a coñecer as características dos medicamentos máis utilizados.
  • Describir as incorreccións máis frecuentes relacionadas co uso dos medicamentos.

Competencia

Mellora no correcto uso dos medicamentos

Contidos

  • Conceptos básicos: Medicamentos, fármaco, excipiente.
  • Paso dos medicamentos a través do organismo.
  • Efectos terapéuticos e efectos tóxicos.
  • Formas de dosificación de medicamentos.
  • Tipos de medicamentos: Innovadores, xenéricos, fórmulas maxistrais, etc.
  • Uso racional dos medicamentos.
  • Correcta administración dos medicamentos.
  • Producción industrial de medicamentos: a industria farmacéutica.

Metodoloxía

Clase maxistral seguida de pequeno coloquio. Contémplase a proxección de vídeos.

Sistema de avaliación

  • Avaliación continua ligada á asistencia a clases (50%)
  • Exame (50%)

Bibliografía básica

Tratado de Tecnología Farmacéutica, volúmenes 1-3. R. Martínez Pacheco (Ed.), Editorial Síntesis, Madrid, 2016-2017.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2023.