Introdución
A Nutrición é un proceso físico e químico mediante o calo organismo asimila, integra e utiliza os nutrientes, é dicir, as sustancias necesarias para o seu funcionamento, recambio e desenrolo. A función de nutrición é aquela mediante a que los organismos repoñen a materia destruída e aportan la enerxía que necesitamos continuamente.
É moi importante que a sociedade coñeza unha serie de conceptos básicos sobre nutrición e alimentación para poder seleccionar os alimentos adecuados para levar a cabo unha vida saudable.
Obxectivos
- Coñecer os conceptos básicos da Nutrición
- Coñecer os diferentes tipos de nutrientes e necesidades dos mesmos no ser humán
- Coñecer os fundamentos dunha dieta saudable
- Coñecer as características da alimentación nas diferentes etapas da vida
- Coñecer a influencia da alimentación nalgunhas enfermidades comúns da poboación
- Coñecer os distintos trastornos alimentarios
- Aprender a seleccionar alimentos e confeccionar menús para unha dieta saudable
- Aprender a interpretar o etiquetados dos alimentos
- Interpretar a pirámide de alimentos
- Estudar as diferencias entre a dieta mediterránea e a dieta atlántica
Competencia
A competencia básica que deberá adquirir ó alumnado de dita materia será a de coñecer as bases e fundamentos da alimentación e da nutrición humana, xunto cos seus conceptos básicos. Coñecer a composición corporal e tipos de nutrientes. Manexar a pirámide nutricional. Coñecer os diferentes tipos de dietas e patoloxías que poden aparecer no ser humano relacionadas coa nutrición.
Contidos
Tema 1: HISTORIA DA NUTRICIÓN
Tema 2: CONCEPTOS BÁSICOS
Tema 3: TIPOS DE NUTRICIÓN NOS SERES VIVOS
Tema 4: APARATOS E SISTEMAS DO ORGANISMO QUE INTERVEÑEN NA ALIMENTACIÓN
Tema 5: COMPOSICIÓN CORPORAL E TIPOS DE NUTRIENTES
Tema 6: PIRÁMIDE NUTRICIONAL
Tema 7: DIETA ATLÁNTICA E DIETA MEDITERRANEA
Tema 8: ETIQUETADO DOS ALIMENTOS
Tema 9: ALIMENTACIÓN NAS DIFERENTES ESTAPAS DA VIDA
Tema 10: NUTRICIÓN E ENFERMIDADE
Tema 11: TRASTORNOS ALIMENTARIOS
Tema 12: INTOXICACIÓN POR ALIMENTOS
Tema 13: A DIETA SALUDABLE
Metodoloxía
- Clases teóricas con apoio de novas tecnoloxías e medios audiovisuais: presentacións en Power Point, vídeos informativos, noticias de periódicos dixitais, etc
- Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos da materia
- Realización de debates e traballos
- Seminarios sobre temas de nutrición e saúde que sexan de actualidade cada ano
- Clases prácticas relacionados cos contidos teóricos da materia
- Visualización de películas/documentais relacionadas cos contidos da materia
Sistema de avaliación
- O sistema de avaliación levarase a cabo o longo do curso mediante a presentación de traballos curtos e sinxelos relacionados coa materia explicada na clase 80% da nota.
- Participación activa na aula 20% da nota.
- Asistencia a clase.
Bibliografía básica
- Bezares, V. R. (2012): Evaluación del estado de nutrición en el ciclo vital humano. México: Mc GrauHill.
- Burke, L. (2010): Nutrición en el deporte. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- Cao, M. J. (2001).: Nutrición y dietética. Barcelona: Masson.
- Gil, A. et al. (2010): Tratado de nutrición. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- ICB (2012): Atención de enfermería en nutrición y dietética: Manuel del alumno. Málaga: ICB Editores.
- Martín, C. (2009): Nutrición y dietética. Madrid: Difusión avances de enfermería.
- Müller. M. (2008): Nutrición y salud pública. Zaragoza: Acribia.
- Olveira, G. (2007): Manual de nutrición clínica y dietética. Madrid: Díaz de Santos.
- Thompson, J. (2008): Nutrición. Madrid: Pearson.
- Thompson, J. L., Manore, M. M. e Vaughan, L. A. (2008): Nutrición. Madrid: Pearson Educación.