Introdución
Nun mundo no que as tecnoloxías dixitais desenvolven un papel fundamental na transmisión e xeración da información, esta materia pretende achegar ao alumnado o valor do Patrimonio Documental e Bibliográfico, a través do coñecemento dos soportes e formatos empregados para a creación, uso e circulación da escritura ao longo da Historia da humanidade, con especial atención ao ámbito da cultura latina e peninsular. Para iso, percorreremos as principais características e funcións dos distintos productos da cultura escrita, tentando comprender a súa función esencial na evolución histórica da nosa sociedade e, en consecuencia, a necesidade dunha correcta conservación, xestión e transmisión ás xeracións futuras.
Obxectivos
- Valorar a importancia do patrimonio bibliográfico e documental.
- Coñecer os diferentes soportes e formatos escritos empregados ao longo da Historia.
- Coñecer os principais tipos gráficos desenvolvidos en Occidente en cada periodo histórico e o valor do seu contido.
- Concienciar ao alumnado da necesidade de conservar, estudar e poñer en valor o patrimonio bibliográfico e documental.
- Familiarizar ao alumnado coas formas e traballo das distintas disciplinas involucradas no estudo do patrimonio documental e bibliográfico.
Competencias
- Desenvolvemento da capacidade de aprendizaxe autónoma a través dunha metodoloxía na que a participación do alumnado, tanto na aula como na casa, será fundamental.
- Emprego das TICs e dos recursos web aplicados ao estudo e á investigación do patrimonio bibliográfico e documental.
- Desenvolvemento da capacidade de expresarse correctamente, tanto por escrito como oralmente, empregando a terminoloxía específica das disciplinas involucradas no estudo do patrimonio bibliográfico e documental.
- Capacidade para recoñecer os diferentes soportes escriturarios e as súas funcións e características ao longo da Historia.
- Capacidade para identificar e comprender os distintos tipos gráficos da escritura latina.
A materia estrutúrase en once unidades distribuídas en catro bloques temáticos:
Introdución
1. O patrimonio documental e bibliográfico. Conceptos básicos.
Bloque I: Os soportes e os instrumentos da escritura.
2. A escritura ao longo da Historia, dende antes dos seus inicios.
3. A decoración dos soportes escritos: a miniatura e as iluminacións.
Bloque II: As formas da escritura.
4. Lendo o Patrimonio documental: a Paleografía. O legado da escritura romana.
5. O patrimonio documental dende a alta Idade Media: da letra ao contido.
6. O patrimonio documental dos séculos XIII e XIV: escritura nas novas formas da sociedade e o poder.
7. Letra, palabra e patrimonio na fin da Idade Media. As escrituras góticas na Idade Moderna: a letra cortesá.
8. As escrituras góticas na Idade Moderna: procesal.
9. A escritura humanística.
Bloque III: Os obxectos escritos.
10. O libro: manuscritos e impresos.
11. Os documentos: formas e usos.
Bloque IV: Os lugares de conservación da escritura.
12. As bibliotecas.
13. Os arquivos.
Metodoloxía
Cada clase terá unha duración de dúas horas.
A metodoloxía empregada combinará tres tipos de sesións:
- Sesións expositivas, dirixidas pola profesora;
- Sesións interactivas ou prácticas (comentarios, lecturas, debates, proxeccións, transcricións documentais, gamificación etc.);
- Saídas a bibliotecas e arquivos.
En paralelo ao desenvolvemento da materia, o alumnado deberá elaborar un traballo persoal obrigatorio, dirixido polo profesor e elixido a partir dos temas propostos polo docente. A data límite de entrega do traballo será (a establecer).
Sistema de avaliación
Na avaliación da materia teranse en conta:
- A asistencia e participación en clase, incluíndo como tal as intervencións, entradas ou interaccións na Aula virtual (50%).
- A realización dun traballo ou caderno de prácticas a elixir polo/a alumno/a entre os propostos e acordado cos docentes (50%): data límite (a establecer).
Bibliografía básica e/ou de consulta
- Báez, Fernando (2013): Los primeros libros de la humanidad: el mundo antes de la imprenta y el libro electrónico. Madrid: Fórcola Ediciones.
- Campos Sánchez-Bordona, M.ª Dolores et al. (2013): Librerías catedralicias: un espacio del saber en la Edad Media y Moderna. León-Santiago de Compostela: Universidad de León-Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
- Clair, Colin (1998): Historia de la imprenta en Europa. Madrid: Olleor& Ramos.
- Escolar, Hipólito (1990): Historia de las bibliotecas. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
- Escolar, Hipólito (1999): Historia universal del libro. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
- Escolar, Hipólito (Dir.) (19993-1996): Historia ilustrada del libro español. Los manuscritos. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez. 3 vol.
- Lerner, Fred (1999): Historia de las bibliotecas del mundo. Desde la invención de la escritura hasta la era de la computación. Buenos Aires: Troquel.
- Marín Martínez, Tomás e Ruiz Asencio, José Manuel (Dirs.) (1984): Paleografía y Diplomática. Madrid: UNED. 2 vols.
- Millares Carlo, Agustín (1993): Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas. Madrid: Fondo de Cultura Económica.
- Pilar Ostos, Mª Luisa Pardo y Rodríguez, Elena (1997): Vocabulario de Codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire codicologique de Denis Muzerelle. Madrid: Arco Libros.
- Riesco Terrero, Ángel (Ed.) (1999): Introducción a la paleografía y la diplomática general. Madrid: Síntesis.
- Ruiz García, Elisa (2002): Introducción a la codicología. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
- Walter, Ingo F. (2003): Codices illustres. Los manuscritos iluminados más bellos del mundo, desde 400 hasta 1600. Colonia: Taschen.