Ir o contido principal

As xentes do común na Historia Social da Galicia contemporánea

Docente da USC: Raúl Soutelo Vázquez

Nº de créditos: 3

Introdución

Esta materia obradoiro fornece coñecementos sobre a evolución histórica das familias labregas, obreiras, de artesáns e comerciantes e con emigrantes e retornados partindo da recuperación da memoria familiar valorándoa como parte importante da historia social da Galicia contemporánea.

A escala microsocial é a idónea para a análise dos cambios, económicos, sociais e culturais operados nos últimos cen anos porque permite esculcar as consecuencias dos grandes procesos históricos nas vidas da xente corrente: as relacións humanas e entre grupos sociais, os proxectos vitais e familiares, a incorporación de novas tecnoloxías produtivas e da comunicación ou das ideoloxías creadas noutras sociedades, etc, aparecen nos testemuños orais, nas fontes epistolares e noutra documentación que conservaron as familias do común e, máis aínda, as elites locais de comerciantes, propietarios e profesionais liberais.

Esta estratexia didáctica favorece o empoderaramento das persoas da terceira idade cuxas experiencias vividas, coñecementos adquiridos e exemplos de compromiso cívico precisamos para [re]construir a sociedade do presente dende modelos menos mercantilistas e máis sustentables e solidarios.

Obxectivos

  1. Coñecer a evolución da sociedade galega durante os séculos contemporáneos.
  2. Coñecer a tipoloxía da documentación primaria que se utiliza na historia social contemporánea, prestando unha atención especial ás fontes persoais e familiares (memoria oral, álbumes fotográficos, acervos epistolares, diarios e autobiografías) como documentación relevante para mellorar o coñecemento da historia do sec. XX.
  3. Aplicar as técnicas básicas de recuperación e análise sistemática desas fontes que constituén a memoria familiar de procesos históricos como a mercantilización das explotacións familiares de policultivo, as migracións do campo ás vilas e cidades e a diversificación das actividades económicas nestas últimas.
  4. Fomentar a capacidade do alumnado para elaborar informes presentando os logros de cada fase do proxecto de pescuda, os resultados finais acadados e unhas conclusións que inclúan propostas de mellora.
  5. Desenvolver a capacidade do alumnado para comunicar verbalmente as características e resultados do proxecto de pescuda desenvolvido.

Competencias

  • Valorar positivamente as experiencias vividas, as lembranzas e a documentación persoal e familiar conservada polas persoas maiores como un acervo cultural importante para coñecer mellor a historia da nosa sociedade durante o século pasado.
  • Capacidade de analizar sistemáticamente e interpretar datos e feitos recollidos nas fontes persoais e familiares: memoria oral, cartas, fotos, diarios e autobiografías.
  • Competencia histórica para analizar críticamente o pasado extraendo reflexións útiles para mellorar a sustentabilidade, a solidaridade e o benestar da sociedade democrática actual.

Contidos

Bloque I: A historia social da Galicia Contemporánea: características dos grupos das xentes do común e das elites locais.

  • 7 sesións con saídas a museos, arquivos e barrios da cidade de Santiago.

Bloque II: Aplicación práctica das técnicas de análise de documentación persoal, familiar e de arquivos locais.

  • 5 sesións para deseñar e desenvolver un proxecto de pescuda sobre historia familiar e local.
  • 2 sesións para elaborar un informe final e presentalo ao grupo-aula.
  • 1 sesión final para avaliar o desenvolvemento do obradoiro. Realizarase, a ser posible, no marco dunha saída didáctica ao Museo Casa do Patrón en Doade (Lalín) ou ao Ecomuseo de Arxeriz (Escairón).

Metodoloxía

Combinaremos períodos expositivos, en cada sesión, coa saída a museos, arquivos e barrios composteláns nas primeiras sesións do obradoiro.

As sesións interactivas da segunda parte do obradoiro desenvolveranse como segue:

  • Sesión 9: Análise e organización das fontes documentais que achegue o alumnado.
  • Sesión 10: Deseño e orientación dos proxectos individuais de pescuda.
  • Sesións 11 e 12: desenvolvemento do proxecto coa análise crítica de fontes e sistematización da información relevante para presentar os resultados.
  • Sesión 13: elaboración de informes finais recollendo as aprendizaxes derivadas da aplicación do proxecto de pescuda. Exposición en público dos resultados acadados en cada proxecto para fomentar a competencia comunicativa e as aprendizaxes cooperativas. Reflexión final sobre o desenvolvemento do obradoiro para recoller propostas de mellora.

Sistema de avaliación

Partirá do nivel de coñecementos do alumnado para fomentar a eficacia do método de aprendizaxe aplicado e rectificar as propostas que non acaden os obxectivos fixados.

  • A asistencia e a participación activa e proactiva nas sesións e o compromiso coa implementación do proxecto de pescuda suporán ata o 55 % da cualificación final.
  • A calidade do informe final elaborado individualmente suporá ata o 25% desa cualificación: corrección ortográfica e gramatical, coherencia das argumentacións e aplicación axeitada das convencións de citacións de fontes e bibliografía.
  • A exposición verbal ao grupo das aprendizaxes acadadas coa aplicación do proxecto suporá outro 20% da cualificación final

Bibliografía básica

ALLEGUE OTERO, G., 1991, Galicia, o oficio de vivir: o mar, a terra e a cidade, Nigra, Vigo.

COSTA BUJÁN P., 1996, Compostela: memoria fotográfica, Ara Solis, Santiago de Compostela.

- 2015, La ciudad heredada: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.

- 2016, Periferias y (des)borde: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.

JUANA, J. de e PRADA, J., coords., 2005, Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, Barcelona.

ITURRA, R., 1998, “A oralidade e a escritura na construcción do social”, Estudios Migratorios, nº 6, pp. 57-68.

PERNAS OROZA, H.,  2003, Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o promeiro tercio do XX, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

- 2010, “Vida e vivencias no compostelán barrio de San Pedro durante o século XIX e o primeiro terzo do XX”, Adra, nº. 5, Revista da Asociación de Amigos do Museo do Pobo Galego, pp. 119-133.

- 2011, Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Nigratrea, Baiona.

SOUTELO VÁZQUEZ, R., 2005, Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural, IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, Concello de Valga.

- 2017, Entre Ourense e América. A emigración nos proxectos de vida de diferentes tipos de familias na Galicia rural: 1880-1960, Deputación de Ourense.

- e VÁZQUEZ LOJO, Mª X., 2015, Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense.

VILLARES PAZ, R., 2016, Historia de Galicia, Galaxia, Vigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2023.