- Código
- MP0173-FD0167
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 5.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 500,00€
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
- Jose Manuel Pereira Gonzalez
- Contacto
j.pereira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Enxeñaría Agroforestal
Jose Manuel Pereira González
600942452
j.pereira [at] usc.es
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 16/02/2024 - 16/03/2024
Preinscrición: 06/06/2023 - 30/06/2023
Matrícula: 10/07/2023 - 22/07/2023
Número alumnos/as mínimo: 3
Número alumnos/as máximo: 3
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0173 | Máster de Formación Permantente en Produción de Leite |
Requisitos de acceso
Graduados, máster, diplomados, licenciados, enxeñeiros técnicos e superiores. Alumnos de titulacións universitarias vencellados ao sector agropecuario ou titulados dos ciclos formativos de grao medio o superior da rama profesional agropecuaria.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios: 1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa. 2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos). 3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 300,00€ | 10/07/2023 - 22/07/2023 |
2 | 200,00€ | 20/02/2024 - 01/03/2024 |
Obxectivos
Formar a futuros técnicos para que desenvolvan a súa actividade no sector da produción de leite. Coa finalidade de posibilitar o acceso a persoas que non teñen dispoñibilidade para realizar o máster de xeito íntegro, nun curso académico, ou incluso para aqueles que pola seu perfíl laboral tan só queren completar a súa formación en eidos mais concretos da produción de leite, iniciamos un proceso para ofertar módulos derivados do mesmo. É por isto que propoñemos o curso en Alimentación na Produción de Leite como curso derivado do Máster en Produción de Leite.Competencias
O noso enfoque metodolóxico baséase en tres piares básicos: :- Clases presenciais con contidos teóricos e prácticos
- Estudos de casos e realización de exercicios
- Conferencias maxistrais de expertos nacionais e internacionais
Avaliación
Avaliacion continua das actividades realizadas nas aulas (participación activa, resolución de casos prácticos). Ó remate realizarase un examen sobre os contidos teóricos e prácticos da mesma.
Metodoloxía
Independentemente das presenciais nos días de clase, abriranse titorias a través das TIC´s, podendo concertarse citas presenciais
Os venres de 16:00-21:00 H. e os sábados de 9:00-14:00 H.
Observacións
Curso impartido na modalidade PRESENCIAL.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | A Alimentación na Produción de Leite. | 5.0 |