Inauguración da exposición do proxecto PAIS, financiado pola convocatoria Seed Funding de EUniWell
O proxecto Participatory Artistic Interventions as Scenarios to Promote the Construction and Consolidation of Well-being in the University Community (PAIS), financiado pola sétima convocatoria Seed Funding de EUniWell, presentou o martes 4 de novembro no Centro Social Universitario da Universidad de Murcia unha exposición coas obras resultantes dos diferentes obradoiros desenvolvidos no marco desta iniciativa artística.
As pezas expostas foron creadas de maneira colaborativa a partir de tecidos reciclados e diversos procesos creativos, como a técnica Shibori, a tintura téxtil, as narrativas creativas ou as cartografías persoais.
Á inauguración asistiron Carmen Franco-Vázquez e Carol Gillanders, profesoras da Universidade de Santiago de Compostela e integrantes deste proxecto, no que tamén colabora estudantado da USC.
Coordinado por Mª Dolores López Martínez, profesora da Universidad de Murcia, o proxecto desenvolveuse nas sedes das universidades implicadas: Universidade de Santiago de Compostela, University of Birmingham, Linnéuniversitetet e Universidad de Murcia.