Ir o contido principal

Nova oferta de cursos de EUniWell para o curso 2025/26

Imaxe promocional da Catálogo de Cursos de EUniWell. Contén a imaxe dunibro aberto.
Accede xa ao Catálogo de Cursos na web de EUniWell.
Ata o 3 de outubro para inscribirse

EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar da que forma parte a USC, vén de anunciar a nova oferta do seu Catálogo de Cursos. Trátase dun novo lote de máis de 20 oportunidades formativas de balde, maioritariamente en liña e que poden ser cursadas por estudantado, PDI e/ou PTXAS.

No Catálogo de Cursos inclúense actualmente formacións sobre temáticas diversas e actuais, como a ciencia aberta, o trauma e o impacto do estrés, a diversidade e a inclusión, as prácticas interdisciplinares e a xestión de datos na investigación académica, a migración e o refuxio, o patrimonio xacobeo, a robótica social ou, entre outras, a epidemioloxía ambiental.

Tamén están dispoñibles cursos con compoñente de mobilidade física de curta duración. Neses casos, as persoas interesadas deben consultar a páxina web de Mobilidade EUniWell antes de inscribirse para coñecer se a USC ofrece financiamento e cales serían as condicións. 

Aproveita esta oportunidade para acceder a recursos educativos de alta calidade. Inscríbete antes do 3 de outubro e impulsa a túa formación!

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2025.