Ir o contido principal

Código para biólogos: Introdución a R

Curso de verán

UniVeran
Código para biólogos

Obxectivo

O obxectivo principal deste curso de verán da USC é dotar ao alumnado da capacidade para interpretar e desenvolver código básico de R no ámbito da Bioloxía. As competencias en programación son recoñecidas como unha das habilidades fundamentais para o futuro, pero actualmente non forman parte do currículo explícito das titulacións recollidas no apartado “Público ao que vai dirixido”. Ademais, os cursos de programación de ámbito xeral non adoitan estar deseñados para a formación e competencia coa que conta un biólogo, o que resulta nun baixo aproveitamento dos mesmos, polo que este colectivo soe ser reticente a realizalos se non están enfocados especificamente ao seu coñecemento e formación de base. 

Este curso, por tanto, complementará de xeito práctico a súa formación académica, sentando as bases para unha aprendizaxe continua ao longo da súa vida. Ademais, outorgaralles unha vantaxe competitiva tanto no ámbito académico como profesional, incrementando significativamente a súa empregabilidade nun mercado laboral en constante evolución.

Público ao que vai dirixido:

  • Alumnado cursando o Grao en Bioloxía, Grao en Biotecnoloxía ou Dobre Grao en Química e en Bioloxía
  • Alumnado con interese no Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, Máster Universitario en Bioloxía Mariña e Programa de Doutorado en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

Organización

Este curso está organizado polo Grupo de Innovación Docente "Biodiversidad con R" (BioR, GID-127) e o Laboratorio de Bioxeografía do Grupo de Investigación BiBiCI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa).

Datas de celebración: 1 ao 5 de setembro de 2025

Lugar de celebración: Facultade de Bioloxía (aula 2 Informática*), Campus Vida, Santiago de Compostela

Horario: 9:00 a 14:00 horas

Dirección: Carola Gómez Rodríguez e Andrés Baselga

Secretaría e contacto: M. Olalla Lorenzo-Carballa (olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es (olalla[dot]lorenzo[dot]carballa[at]usc[dot]es))

Financiación: Este curso  está cofinanciado pola Unión Europea a través do programa de apoio aos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia da Xunta de Galicia (ED431G/2023/12)

*O alumnado poderá usar o seu propio portátil se o prefire.

Matrícula

Do 15 de Maio ao 26 de Agosto na web da Universidade de verán da USC ou no seguinte link da Secretaría Virtual: Matrícula

Máis información:

Sudoku

PROGRAMA (ano 2025)

Módulo I: Manipulación básica de datos biolóxicos en R

9:00-9:30 

Introdución ao curso: Código para Bioloxía: Unha ferramenta básica para o futuro

Carola Gómez Rodríguez e Andrés Baselga

9:30-10:15

Fundamentos de programación en R: Introdución ao entorno de traballo

Carola Gómez Rodríguez 

10:15-11:00

Taller práctico I: Instalación e entorno de traballo

Carola Gómez Rodríguez

11:00-11:30

Descanso

11:30-12:30

O código básico: sintaxe, variables, tipos de datos, operadores

Carola Gómez Rodríguez

12:30-14:00

Taller práctico II: Manipulación de estruturas básicas de datos

Carola Gómez Rodríguez

Módulo II: Fundamentos do tratamento de datos biolóxicos en R

9:00-9:30

Código para Biólogos: Boas prácticas

Carola Gómez Rodríguez

9:30-10:15

Manexo de datos biolóxicos: Deseño experimental e de mostraxe, codificación e estrutura de datos, transformacións

Carola Gómez Rodríguez

10:15-11:00

Taller práctico III: Importación/exportación de datos, transformación de datos biolóxicos e caracterización básica das comunidades biolóxicas

Carola Gómez Rodríguez

11:00-11:30

Descanso

11:30-12:15

Visualización de datos: Táboas e gráficos

Carola Gómez Rodríguez

12:15-13:00

Taller práctico IV: Inspección tabular e gráfica de datos

Carola Gómez Rodríguez

13:00-13:30

Exploración de datos: Análise descritiva e distribucións

Carola Gómez Rodríguez

13:30-14:00

Taller práctico V: Análise descritiva e distribucións

Carola Gómez Rodríguez

Módulo III: Análise Estatística Aplicada á Bioloxía

9:00-9:30

Control de fluxo (loops, condicionais) e funcións

Andrés Baselga

9:30-10:00

Taller práctico VI: Control de fluxo

Andrés Baselga

10:00-11:00

Modelos lineais (I): Variables explicativas continuas (regresión simple e múltiple)

Andrés Baselga

11:00-11:30

Descanso

11:30-12:30

Taller práctico VII: Regresión simple e múltiple

Andrés Baselga

12:30-13:15

Modelos lineais (II): Variables explicativas categóricas (ANOVA)

Andrés Baselga

13:15-14:00

Taller práctico VIII: ANOVA

Andrés Baselga

Módulo IV: Estatística multivariante aplicada ao estudo de comunidades biolóxicas

9:00-10:00

Introdución a métodos de clasificación e ordenación

Andrés Baselga

10:00-11:00

Operacións con matrices de disimilitude biótica (ej. NMDS, cluster)

Andrés Baselga

 

Módulo V: Proxecto final: Resolvendo problemas biolóxicos con R

11:00-11:30

Presentación do caso de estudo

Andrés Baselga

11:30-12:00

Descanso

12:00-13:30

Resolución do caso de estudo por parte do alumnado (traballo individual)

Andrés Baselga

13:30-14:00

Posta en común do caso de estudo

Andrés Baselga

Módulo VI: Estudos aplicados no ámbito da Bioloxía: uso de R na exploración de datos e inferencia*

9:00-9:45

A singularidade das comunidades biolóxicas: novos métodos de cuantificación

Andrés Baselga

9:45-10:30

Análise de datos en ecoloxía vexetal con R: explorando as respostas ao estrés ambiental

Julia Sánchez Vilas, Universidade de Santiago de Compostela

10:30-11:15

Análise de comunidades para a xestión e conservación de ecosistemas acuáticos

Manel Leira, Universidade de Santiago de Compostela

11:15-11:45

Descanso

11:45-12:30

Análise de “tempos de vida” con R

Mercedes Conde Aboage, Universidade de Santiago de Compostela

12:30-13:15

R na xenómica da conservación: A navalla suíza da Bioloxía

Adrián Casanova Chiclana, Universidade de Santiago de Compostela

13:15-14:00

Peche do curso e despedida

Carola Gómez Rodríguez e Andrés Baselga

 

* A orde de presentación pode verse alterada segundo a dispoñibilidade de cada un dos relatores.

Créditos: "Earthworm" (sic) image - Freepick

Financiacion
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2025.