Ir o contido principal

Estudo fisicoquímico de biomoléculas de interese terapéutico

Actividade superficial e estrutura de lípidos e péptidos anfifílicos

Termodinámica e cambios de fase en sistemas lipídicos. Modelos de membrana

Lipid unsaturation effect

Dentro dos sistemas coloidais, os sistemas lipídicos, e entre eles os agregados bilamelares (como as membranas biolóxicas) manifestan variacións no seu comportamento ao mudar a súa composición. A introdución ou alteración de grupos químicos (insaturación, hidroxenación, haloxenación, ...), a alteración da lonxitude da cadea, e outras mudanzas estruturais son determinantes na interacción intermolecular e, por tanto, na estabilidade do agregado.

No noso laboratorio obtemos modelos de membrana de distinta composición en función da membrana que tratamos de mimetizar: surfactante pulmonar, membrana bacteriana Gram (+) ou Gram (-), membrana de célula tumoral, etc. Para iso, diagramas de fase obtidos a partir de medidas tomadas na interface ar/auga permítennos coñecer a estrutura e comportamento das biomembranas e como isto pode afectar á súa función.

Caracterización de péptidos anfifílicos

Os péptidos (polímeros formados pola unión dun número pequeno de aminoácidos a través de ligazóns peptídicas), e moi especialmente os péptidos anfipáticos (nos que a parte aminoacídica se ve complementada por un grupo hidrofóbico, normalmente unha cadea alquílica de lonxitude variábel) teñen un grande interese terapéutico.

A caracterización na interface ar/auga destes péptidos permite coñecer o seu comportamento superficial e as súas interaccións intermoleculares, que determinarán a súa capacidade de autoagregación. Un exemplo deste comportamento está en fármacos lipopeptídicos, como a daptomicina. A consecuencia deste comportamento e da súa capacidade para interaccionar con membranas (outra das nosas liñas de investigación), teñen múltiplos usos, en base aos cales se fala de cell-penetrating peptides (CPP) ou péptidos antimicrobianos (AMP, antimicrobial peptides).

Usos dos lipopéptidos
Usos dos lipopéptidos. Fonte: Vicente-Garcia, C., Colomer, I. Lipopeptides as tools in catalysis, supramolecular, materials and medicinal chemistry. Nat Rev Chem 7, 710–731 (2023). https://doi.org/10.1038/s41570-023-00532-8

Estudo fisicoquímico do comportamento biolóxico de ácidos graxos ω-3, ω-6 e ω-9

pufa monolayers
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / Chem. Phys. Lipids 232 (2020) 104968 - ver artigo
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / BBA - Biomembranes 1861 (2019) 1428-1436 - ver artigo
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / Coll. Surf. B: Biointerfaces 174 (2019) 189-198 - ver artigo
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / Coll. Surf. B: Biointerfaces 158 (2017) 634-642 - ver artigo

Caracterización interfacial de esterois e estanois de interese biolóxico

esterol estanol ac graxo
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / Chem. Phys. Lipids 225 (2019) 104819 - ver artigo
  • J. L. Fidalgo Rodríguez et al. / Coll. Surf. A: Physicochem. & Eng. Aspects 563 (2019) 330-339 - ver artigo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2024.